A BIBLIO DE AGATA E PACO
Blog da biblioteca do CEIP do Hío
xoves, 23 de outubro de 2025
CAMBIO DO SISTEMA DA BIBLIOTECA
Neste curso tocounos cambiar o sistema operativo de MEIGA a KOHA. Xa que temos que imprimir un montón de códigos novos decidimos organizar a nosa biblioteca por orden alfabético do apelido do autor/a, coma nas biliotecas dos maiores. Como son moitos libros estamos indo avanzando pouco a pouco pero sen pausa. Xa están operativas as seccións de castelán (amarelo) e galego (laranxa) dos máis pequenos, a sección das primeiras lecturas. Así que a partir do luns 27 infantil e 1º ciclo xa poden facer o préstamo. Como contamos cun grupo de axudantes fantástico, alumnado voluntario de 5º e 6º, esperamos ter listo o préstamo de narrativa neste primeiro trimestre. Grazas pola vosa paciencia e axuda!
xoves, 19 de xuño de 2025
DESPEDIDA ATRAPACONTOS
O 9 de Xuño fixemos a despedida das parellas lectoras de este ano. O vindeiro curso o alumnado de 3º estrearase como lector, así que a practicar a lectura este verán! Como ten que ser houbo abrazos e intercambio de agasallos.
AGRADECEMENTO AO VOLUNTARIADO
Hoxe quixemos agradecer a axuda prestada polos axudantes de 5º e 6º. Durante todo o curso estiveron colocando, facendo préstamo e etiquetando libros. Moitas grazas por facer que a biblioteca funcione mellor e con servizo de préstamo nos recreos. Para vós a chapa de Agata. Desexamos que o alumnado de 6º siga colaborando e aportando ideas na biblioteca do instituto Mª Soliño. Colaborando entre todos, as cousas funcionan mellor! GRAZAS!
domingo, 15 de xuño de 2025
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)



