mércores, 26 de maio de 2021

Canción en lingua de signos da clase de 4º

Os nenos e nenas de 4º adaptaron á lingua de signos a canción de "A reciclar", para o concurso "Xoga coas manciñas". Que ben lles quedou!

sábado, 15 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS NO COLE

O tempo agasallounos cun fermoso día para celebrar as letras galegas. Os nenos e as nenas do colexio do Hío que durante días estiveron preparando os bailes con Manolo Cobas, puideron bailar todos xuntos. Tameń cantaron a canción Lingua guapa do disco do mesmo nome editado por Galaxia. As actividades estiveron organizadas polo equipo de Normalización Lingüística para hommenaxear a autora galega Xela Arias e lembrar que temos un riquísimo patrimonio cultural. Valorémolo!! Maís información no blog de normalización  Hioengalego

sábado, 8 de maio de 2021

TEXTOS DA PRIMAVERA LITERARIA

AQUÍ ESTÁN ALGUNS DOS TEXTOS QUE IREMOS SUBINDO AO LONGO DA SEMANA QUE VEN. PODEDES VOTAR OS QUE MÁIS VOS GUSTAN.

Hecho con Padlet