martes, 6 de decembro de 2022

ATRAPACONTOS


 

OFICIOS DO MAR

 PROXECTO "SON DO HÍO"

O pasado 30 de novembro, o alumnado de 4º e 5º cursos do cole tiveron ocasión de coñecer máis sobre os oficios do mar, aparellos de pesca e materias de traballo, grazas a Geli e Beti que nos falaron da profesión de redeiras.






domingo, 4 de decembro de 2022

UN COLE INCLUSIVO

 AS PARALIMPÍADAS

E por fin despois da pandemia,  puidemos celebrar a olimpíada pero este ano con moitas novidades. Os profes de E.F, María e Borja planificaron unhas superparalimpíadas con deportes alternativos. Foi un día fantástico aderezado pola chocolatada e biscoitada, feita polas familias. Viva o deporte!


 
A VISITA DE DAVID 
David Santiago que ademais de deportista é mestre de trompeta na Escola Municipal de música de Moaña, veu ensinarnos como se adaptan moitos deportes ás diferentes diversidades funcionais e como cada deporte ten a súa silla de rodas específica. O alumnado estivo moi interesado e fíxolle un montón de preguntas antes da súa exhibición. Grazas David.

xoves, 24 de novembro de 2022

Dia da non violencia contra a muller

Para conmemorar este día fixemos unha exposición de libros sobre as emocións, o coñecemento persoal, o control da ira...


Tamén queremos volver compartir o pentálogo do xoguete coeducativo, plantexado como un xogo para facer en familia, tanto nos anunciós da televisión coma nos folletos publicitarios do xoguete. A igualdade tense que traballar desde todos os ámbitos e ás veces os medios de información non axudan. Aínda asocias as bonecas e o rosa coas nenas e os balóns e o azul cos nenos? Cambiemos o conto.


Tamén compartimos a montaxe que os nenos e nenas de 6º de primaria do colexio Covas-Meaño, fixeron co conto "O chuvasqueiro de Aurora" de María Márquez. O noso desexo é que nun futuro non moi lonxano non sexa necesario conmemorar este día.

luns, 21 de novembro de 2022

Actividades sobre igualdade ANPA

 Compartimos as actividades organizadas pola federación de ANPAS de Cangas relacionadas coa educación en igualdade e animámosvos a asistir.

Xornadas pola igualdade 2022

▪️O luns 21 ás 18:30 no CEIP A Rúa
Contacontos "El rosa es de las niñas y el azul es del mar" a cargo de Estudios IA
Taller creativo proposta creativa a partir da obra "El rosa es de las niñas y el azul es del mar"
Biblioteca viva ven e coñece a nosa Biblioteca, encontro para reflexión entre familias.

▪️Martes 22 ás 18:30 no CEIP Nazaret
Contacontos "Gracias" a cargo de Estudios IA
Taller creativo proposta creativa a partir da obra "Gracias"
Biblioteca viva ven e coñece a nosa Biblioteca, encontro para reflexión entre familias.

▪️Mércores 23 ás 19h charla Rachando estereotipos. 
No salón de actos da Antiga casa do Mar
Servizo de canguraxe de balde previa inscrición.

Coorganiza Confederación ANPAS GALEGAS

▪️Sábado 26 ás 12h na Praza da Constitución concerto infantil
Pakolas con Ramona Orbita
Dentro das actividades do Magosto

▪️Domingo 27 Xornada de xogos de mesa de 11h a 13h
Coa colaboración de Tempus Ludit
No local da Agraria.
Biblioteca viva ven e coñece a nosa Biblioteca, encontro para reflexión entre familias.


▪️Luns 28 ás 18:30 no CEIP San Roque
Contacontos "Gracias" a cargo de Estudios IA
Taller creativo proposta creativa a partir da obra "Gracias"
Biblioteca viva ven e coñece a nosa Biblioteca, encontro para reflexión entre familias.

Actividades levadas a cabo dentro da axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.


venres, 18 de novembro de 2022

Programa de Radio Completo

 page1image3438340224 page1image3438340736 page1image3438341088

Escoita Emociónate coa radio CEIP DO HIO DE CANGAS en Spotify

Nesta ligazón poderedes escoitalo  SPOTIFY 
page1image3438349584 page1image3438349936

ou escanea este código


www.siradio.gal 

Facebook: Si Radio de Galicia 

Instagram: @siradio_oficial 

Twitter: siradiooficial




SUSCRIBETE

sábado, 5 de novembro de 2022

Dia da Biblioteca

O 24 de Outubro celebramos o día das bibliotecas escolares poñendo en marcha os recunchos de favoritos nas aulas, as mochilas viaxeiras e o 1º atrapacontos do curso despois de 2 anos sin poder xuntarnos. Para este 1º atrapacontos (lecturas compartidas)a biblioteca colaborou co equipo de normalización e decidimos darlle vida á recopilación de rimas tradicionais que hai moitos anos se recolleron na parroquia do Hío e que se editaron no libriño "Titiridalle". Os contacontos substituiron a lectura do conto pola transmisión de rimas e xogos tradicionais. Foi moi emotivo.

PROGRAMA DE RADIO

O equipo de radio emociónate mostrounos como se fai un programa de radio. A proposta subvencionada pola Xunta de Galicia e ofertada a todos os colexios que a solicitaran organizouse para celebrar o 90 aniversario da chegada da radio a Galicia. Aquí temos un resume da gravación do programa de radio cos profesionais de radioemociónate, que foi todo un éxito grazas a labor da locutora que nos guiou no proceso, dos entrevistadores e entrevistadoras de 6º curso e dos invitados. Paralelamente trouxeron unha exposición sobre a historia da radio, con radios antigas e paneis informativos. O programa íntegro será compartido por Podcast cando Radioemociónate nolo comparta.Foi unha experiencia moi gratificante.

domingo, 2 de outubro de 2022

BIBLIOTECA 2022/2023

BENVID@S Á BIBLIOTECA de Biblioteca Hio Este curso imos dedicarllo á "Radio Escolar". O proxecto que nos guiará levará como título "Son do Hío". A través del tentaremos transmitir a historia do Hío e coñecer mellor a súa etnografía.

martes, 28 de xuño de 2022

Festival de curtas Alfonso da Herba

Aquí temos un resumo do magnífico 1º festival de curtas Alfonso da Herba. Noraboa a todos os participantes. Proximamente as curtas!
E así recibimos o primeiro premio FIC Bueu 2022

luns, 23 de maio de 2022

PREMIO PROVINCIAL "ONCE"

  O CURSO DE 6º VEU DE SER PREMIADO NO CONCURSO ESCOLAR ONCE "O CAMIÑO QUE NOS TORNA IGUAIS". O DEBUXO QUE SE ESCOLLEU DE ENTRE TODOS OS TRABALLOS DE 6º FOI O DE IVÁN, LARA E SARA "UN COLEXIO PARA TODOS" SE QUEREDES VER O CARTEL E O AUDIO PICA NO SEGUINTE ENLACE, BUSCA A COMUNIDADE, GALICIA E  A PROVINCIA PONTEVEDRA E DALLE A ENVIAR. TAMÉN PODES VER OS TRABALLOS FEITOS POR OUTROS COLEXIOS.

UN COLEXIO PARA TODOS

POR SER GANADORES PROVINCIAIS NA SÚA CATEGORÍA RECIBIRON UNHA BONITA MOCHILA DA ONCE. 





AQUÍ PODEDES VER O RESTO DOS TRABALLOS DE TODOS OS COLEXIOS DE ESPAÑA  E OS GANADORES NACIONAIS

OBRADOIRO PALITROQUES

 Os cursos de 3º e 4º asistiron a un obradoiro con Víctor González sobre o xogo de construcción de xeometría "Palitroques". Eles mesmos construíron o xogo que formará parte do material da Biblioteca Creativa onde terán que construir as diferentes propostas que indique o manual. Aquí vos queda un resumo da xornada:

                                                                                















PARA SABERA MÁIS PINCHA EN 

PALITROQUES





xoves, 12 de maio de 2022

CONTACONTOS PARA 3º E 4º


O 11 DE MAIO VEU VISITARNOS BONIFACE OFOGO, NACIDO EN CAMERÚN,  PARA CONTARNOS COUSAS DE ÁFRICA E PRESENTARNOS 2 HISTORIAS  QUE XA PODEDES LER NA BIBLIOTECA.

O ALUMNADO DE 3º E 4º POIDERON FACER UN MONTÓN DE PREGUNTAS E XA ESTÁN DESEXANDO QUE BONIFACE VOLVA VISITARNOS. AQUÍ VOS DEIXAMOS UN RESUMEN:

venres, 6 de maio de 2022

PRIMAVERA LITERARIA

 Xa podedes comezar a ler algúns dos textos da primavera literaria. Podedes decidir cal vos gusta máis nos comentarios. Teremos en conta as vosas opinións á hora da votación. 


Hecho con Padlet

sábado, 30 de abril de 2022

OS PERIGOS DE INTERNET

 

O vindeiro martes 3 de maio, ás 5 da tarde terá lugar unha charla para as familias sobre estos temas. O profesorado está moi preocupado polos crecentes problemas derivados dun mal uso de internet e dunha excesiva exposición a Internet e aos videoxogos. Recomendamos a todas as familias que poidan que asistan a esta charla. A garda Civil estará encantada de resolver as vosas dúbidas.

Esta semana tivemos a visita da Guardia Civil para alertarnos do perigo de navegar por internet sin a supervisión dun adulto.  As horas que lle adicamos ao xogo tamén deben estar moi controladas xa que derivan moitas veces en deficit de atención escolar, adición aos videoxogos e comportamentos inadecuados sobre todo cando non se respetan as idades para a que está indicado o videoxogo. 







OS PROXECTOS DO CENTRO

A MÚSICA NO COLE. OBRADOIROS CON DIDIER DÍAZ

Esta semana o alumnado de 5º tivo un obradoiro de música electrónica co profesor cubano Didier Díaz. Aquíe temos unha mostra. O alumnado disfurtouno ao máximo

E o alumando de 6º un obradoiro de percusión: Así de ben soaron.
INCUBADORA 
Este ano puxemos en marcha a incubadora. Os nenos e nenas de 1º e 2º levaron a cabo un proxecto no que investigaron e aprenderon moito sobre o nacemento dos pitiños. Naceron un montón!
A HORTA. PLANTACIÓN SETA SHIITAKE. 
O alumnado participou no cultivo da seta shiitake que ten un proceso peculiar. Non vai na terra, hai que facerlle uns buratos a un tronco, poñer as sementes e despois tapalas cun corcho. A continuación hai que deixar o tronco nun lugar húmedo e sombrío, e a esperar...