luns, 20 de maio de 2019

Letras galegas 6º

Letras galegas coro

Letras galegas 5º

Letras galegas 4º

Letras galegas 3º

Letras galegas 2º

Letras galegas 1º

Letras galegas 5 anos

Letras galegas 4 anos

Letras galegas 3 anos

mércores, 15 de maio de 2019

Feira do libro


AGATA E PACO INFORMAN

 MAÑÁ CELEBRAREMOS A FEIRA DO LIBRO. XA TEMOS TODOS ESTOS. SORTE COAS VOSAS ELECCIÓNS.





Teatro "A run, run"


AGATA E PACO INFORMAN


HOXE A COMPAÑIA DE TEATRO "A RUN, RUN", REPRESENTOU A OBRA DE TEATRO "ULO SWING". OS NENOS E NENAS DO COLE PASÁRONO MOI BEN EN COMPAÑA DESTES MÚSICOS DA RÚA. CONSEGUIRAN CAMBIAR ÁS LEIS? PODERÁN OS MÚSICOS VOLVER CANTAR E ACTUAR NA RÚA? ENTRE TOD@S O CONSEGUIREMOS.


PARA QUE ESTE ESPECTÁCULO FOSE POSIBLE CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE GALICIA QUE ADEMAIS DE PROFE NO COLE É UNHA MAGNÍFICA ACTRIZ. NADA MELLOR PARA CELEBRAR A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!

venres, 10 de maio de 2019

VISITA DE MARILAR ALEIXANDRE

AGATA E PACO INFORMAN

O 8 DE MAIO VISITOUNOS MARILAR ALEIXANDRE. ESCRITORA, CATEDRÁTICA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, CIENTÍFICA, ENTOMÓLOGA (ESTUDIOSA DOS INSECTOS), INVESTIGADORA. 


A PRIMEIRA EN EDITAR TEXTOS CIENTÍFICOS EN GALEGO, MEMBRO DA REAL ACADEMIA DA LINGUA ONDE TAN SÓ 7 MULLERES FORMAN PARTE DELA ENTRE 30 MEMBROS.

MARILAR CHEGOU A GALICIA CON 26 ANOS, DESDE MADRID, NAMOROUSE DA LINGUA GALEGA E EN POUCOS ANOS EMPEZOU A FALAR E A ESCRIBIR NA NOSA LINGUA. DEU CLASE NUN INSTITUTO EN VIGO O IES CASTELAO (CAMBIARONLLE O NOME GRAZAS A ELA, ANTES CHAMÁBASE IES O CALVARIO) DANDO CIENCIAS. 



RECIBIU NUMEROSOS PREMIOS NA SÚA LONGA VIDA PROFESIONAL , O ÚLTIMO RECOLLIDO ESTE MES DE MARZO EN ESTADOS UNIDOS  POLA SÚA TRAXECTORIA.  EDITOU MOITOS LIBROS PARA ADULTOS, DE POESÍA, ENSAIOS, ARTIGOS CIENTÍFICOS E MÁIS DE 20 LIBROS DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL. 





NO COLE ESCOLLEMOS 2 DESES LIBROS "A FORMIGA COXA" E "ROBINSON CONTADO POLAS ALIMARIAS". NOS 2 LIBROS, A VOZ PROTAGONISTA A LEVAN OS ANIMAIS QUE NOS CONTAN A SÚA FORMA DE VER O MUNDO. 




ACTIVISTA, FEMINISTA, LOITADORA POR FACER UN OCO PARA AS MULLERES NO CAMPO DA INVESTIGACIÓN E PELEXANDO  PARA QUE O GALEGO TEÑA O POSTO QUE MERECE TAMÉN NAS CIENCIAS. TODO UN EXEMPLO PARA AS NOSAS ALUMNAS!









DENDE A BIBLIO DE AGATA E PACO AGRADECEMOS A VISITA DE MARILAR E Á EDITORIAL XERAIS QUE NOS ORGANIZOU O ENCONTRO.

martes, 30 de abril de 2019

INSPIRÁMONOS COA NATUREZA



AGATA E PACO INFORMAN:

HOXE 30 DE ABRIL OS NENOS E NENAS DO COLE DO HÍO TIVERON UNHA XORNADA DE CREACIÓN AO AIRE LIBRE, PARA PARTICIPAR NO CONCURSO "PRIMAVERA LITERARIA". CAMBIARON AS AULAS E OS PUPITRES POLO SON DOS PAXARIÑOS E A SOMBRA DAS ÁRBORES. 







PRIMAVERA LITERARIA









ATRAPACONTOS

AGATA E PACO INFORMAN:

O ATRAPACONTOS DO MES DE ABRIL CELEBROUSE NO PATIO DA CHARCA. QUE DÍA BONITO FIXO!

martes, 23 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

AGATA E PACO INFORMAN:

No cole do Hío celebramos o 23 de abril cunha festa dos libros na biblioteca. Houbo ghaldrumadas, agasallos e moitas novidades!
















luns, 25 de marzo de 2019

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DA MULLER


CONCURSO DO DÍA DA MULLER

AGATA E PACO INFORMAN:


Xa temos ganador@s do concurso do día da muller


O alumnado do Hío estivo participando no concurso diario, que consistía en ler a pregunta da entrada e buscar a solución nas biografías expostas na biblioteca. 

As preguntas foron:

1. QUE MULLER INVENTOU OS ACUARIOS?
2.EN QUE ANO NACEU A 1ª MULLER QUE DEU A VOLATA AO MUNDO?
3. DE DONDE ERA A MULLER QUE TRABALLOU DE RECADEIRA E CRUZOU A RÍA MÁIS DE 10000 VECES?
4.EN QUE ANO MORREU A MULLER  QUE INVENTOU E FABRICOU OS PRIMEIROS TRAXES IMPERMEABLES?
5. QUE MULLER FOI A PRIMEIRA PERSOA EN DEBUXAR O FONDO DE TODOS OS OCÉANOS?
6.QUE PROFESIÓN TIÑA A MULLER QUE LOITOU POLOS DEREITOS DAS TRABALLADORAS E FOI DURAMENTE CASTIGADA POLO RÉXIME FRANQUISTA?



E OS GANADOR@S FORON:
DORA DE 5º, IRIS DE 6º, RAÚL DE 1º, NOA DE 4º, MAIA DE 2º E PABLO DE 1º

SABERÍAS RELACIONAR A RESPOSTA COA PREGUNTA?

MARIE THARP, ATADEIRA, JEANNE VILLEPREUX, 1740, BUEU, 1939.

luns, 11 de marzo de 2019

Día da Muller

Agata informa:

Despois destes días de movilizacións e folgas o colexio do Hío segue a traballar pola visibilización do traballo da muller. Este ano baixo o título "Mulleres de auga" para abranguer a todas as profesións que teñen que ver coa auga. Na nosa, xa tradicional, mesa redonda tivemos como invitadas a Manuela, peixeira e  lavandeira, Mercedes, peixeira, María, redeira e Carmela mariscadora de area e de rocha (cría de mexilón e percebe). Todas elas,moderadas pola mestra Isabel Carracedo, nos foron contando a súa experiencia, desde traballar atando redes desde os 10 anos como María, de pasar por ser a primeira Canguesa que sacou o carnet de conducir, para ir buscar o peixe ás lonxas de Ribeira para despois vendelo,como Manuela ou  como Carmela que  nos contou os perigos do mar, onde todos os sentidos teñen que estar ao cen por cen e o importante que é ir acompañada, no caso de que pase algún accidente. Todas coinciden en que se mellorou moito pero aínda hai moito que facer. Aínda que ningunha se ten sentido en inferioridad de condicións cos homes, Carmela apunta que cando a muller ten postos de mando, aos homes élles máis difícil acatar as ordes e sempre poñen en cuestión a formación da muller. Así que nenas e nenos a seguir loitando pola igualdade e o mundo será un lugar mellor!






domingo, 3 de marzo de 2019

Entroido no ceip do Hío

Agata e Paco informan: 

Como este ano estamos traballando o tema da auga e da contaminaciçon da ría de Aldán o alumnado disfrazouse de oficios relativos a auga; poceiros, mariñeiros, redeiras, homes e mulleres do tempo, peixeiras, mergulladores. As comparsan fixeron as coplas con letras críticas con estes e outros temas e tamén elaboraron accesorios con materiais reciclados. Acompañados do alumnado da Galescola e das familias, baixamos ao entorno do Cruceiro para interpretar alí as coplas, e rematamos bailando no colexio ao son dos gaiteiros . Aquí podedes ver os vídeos. VIVA O ENTROIDO!!

Actuación de 6º

Actuación de 5º

Actuación de 4º

Actuación de 3º

Actuación de 2º

Actuación de 1º curso

Entroido actuación de infantil

Agata e Paco informan;

Dende o Hío retransmitimos en directo:

Aquí está a actuacion da Galescola...Bravo!!


Atrapacontos de febreiro

Agata e Paco informan:

Celebración do atrapacontos de febreiro, disfrazados dos mandados de Arturo.






luns, 11 de febreiro de 2019

Premios do concurso de postais organizado pola Biblioteca Municipal do Hío



  AGATA E PACO INFORMAN:

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO HÍO PREMIOU AO COLE POLA SÚA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. O ALUMNADO DE 5 ANOS, 1º E 2º FIXERON UNHAS POSTAIS DE NADAL PRECIOSAS E ALFONSO, O BIBLIOTECARIO DO HÍO AGASALLOU AO COLE CON DOUS PRECIOSOS LIBROS QUE ESTARÁN DISPOÑIBLES PROXIMAMENTE NA BIBLIOTECA. MOITAS GRAZAS ALFONSO!
SI QUEREDES SABER MAIS SOBRE O CONCURSO ENTRADE NA PÁXINA DA BIBLIOTECA DO HÍO
http://bibliotecasmunicipaisdecangas.blogspot.com/