domingo, 11 de decembro de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Aquí vai a guía  de lecturas en galego, elaborada polos equipos de dinamización lingüística do Morrazo. Esperamos que vos sexa útil.


CARTEL GUIA DE LECTURAS

GUÍAS INFANTIL

GUÍAS PRIMARIA


venres, 9 de decembro de 2016

sábado, 26 de novembro de 2016

DÍA DA MÚSICA



O 22 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS NO COLEXIO O DÍA DA MÚSICA. AQUÍ ESTÁN ALGUNHAS DAS ACTUACIÓNS. MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.







venres, 25 de novembro de 2016

INTERCAMBIO LECTOR DE ADULTOS



Dende a biblioteca informamos ás familias que da comezo o intercambio lector de adultos 2016/2017. O que queira ler un libro deste apartado só ten que anotarse na lista de empréstitos, o libro que leva,  a data e se lle gusto ou non. Podedes traer un libro da casa que vos gustara e permanecerá en préstamo todo o curso escolar. No mes de xuño devolveremos os libros aos seus propietarios. Paralelamente publicaremos os libros disponibles no grupo de facebook “Intercambio lector de adultos”, o que queira participar escribindo a súa opinión deberá facilitar un correo electrónico para agregalo/a ao grupo.

NOVIDADES

Estas son algunhas das últimas adquisicións para a biblioteca.
La vaca Victoria: castelán, Primeiros lectores
A estrambótica Illa do tesouro; galego, lectores intermedios
Voy a comedte; castelán, primeiros lectores
¡Quiero dormir!: castelán, primeiros lectores
Mi papá: castelán, primeiros lectores
Bestiario: castelán, primeiros lectores
O noso Samaín: galego, a partir de 6 anos
Los pájaros; castelán, primeiros lectores
As cousas que importan; Filosofía para nenos
Cuentos de fantasmas: castelán, lectores expertos
A nosa botica: Horta, CDU63-G
Hambre de lobo: castelán, primeiros lectores
El utopífano: Educación emocional 15-C
¿Qué es la libertad? Arte. Primeiros lectores
Un cuento y 23 sonrisas: Arte. 75-C
El lobo hace huelga: castelán, primeiros lectores.








venres, 18 de novembro de 2016

CANTO SABES DE OLI?

POLO SAN MARIÑO, OLI VEU AO HÍO

O venres pasado tivemos a sorte de contar co mestre e escritor, Oli. Contou as súas historias para os cursos de 1º 2º e 3º. Despois os nenos e nenas de 2º e 3º fixéronlle unha entrevista en profundidade. Entre outras cousas nos enteramos de que de neno non era bo lector ata que un libro lle fixo descubrir o gusto pola lectura....Sabedes que libro é?...






martes, 1 de novembro de 2016

...E CHEGOU O SAMAIN

Por fin chegou o Samaín. Cando chegamos ao cole todo estaba a escuras agás as cabazas que alumeaban coas súas caras fantasmais. Despois por grupos entramos no circuíto do terror: COVA DA BRUXA, na biblioteca, TUNEL DO TERROR que este ano desembocou nun laboratorio terroríiiiiifico, despois escoitamos as historias macabras dos compañeiros NO ESPAZO DAS HISTORIAS, algunhas orais, outras escritas e os de 6º con montaxe audiovisual. Por último escoitamos a tráxica historia de ARTURO, o noso esquelete. 
Despois deste día estamos preparados para todo, ha, ha, ha, ha.

Na biblioteca apareceu a coa cova da bruxa e todos os cursos pasaron moito medo cos contos terroríficos...

Os de 3 e 4 anos escoitaron CORRE CORRE CABACIÑA
Os de 5 anos A BRUXA REGAÑADENTES


Os de 1º "BABAIAGA"



Os de 2º "AS CENORIAS MALÉFICAS"


Os de 3º e 4º "O CUARTO PROHIBIDO"

Os de 5º e 6º escoitaron un arrepiante relato recollido por Rafael Dieste "NOS ARQUIVOS DO TRASNO"


A DECORACIÓN DA BIBLIOTECA ERA ESPELUZNANTE...







luns, 24 de outubro de 2016

UNHA BIBLIOTECA DIFERENTE

Porque non todos os nenos e nenas teñen a sorte de contar cunha biblioteca cerca da casa.
Luís Soriano, é un mestre que se dedica a achegar os libros a lugares de Colombia onde os nenos e nenas viven unha realidade ben distinta á nosa. Os libros viaxan  en BURRO e gracias a Luis estes nenos e nenas poden descubrir, aprender e gozar con historias que espertan a curiosidade e debuxan un sorriso.
https://www.youtube.com/watch?v=tsHyN9zj8_o


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe celebramos no cole o día das bibliotecas escolares. Puxemos en marcha o 1º ATRAPACONTOS do ano e a biblioteca agasallounos cun adhesivo onde os contacontos e os atrapacontos nos presentamos. Durante todo o curso escolar compartiremos xuntos a aventura de ler. Como o tempo nos respetou poidemos facelo no patio da charca. VIVA A BIBLIOTECA!!


xoves, 20 de outubro de 2016

REVISTA "O PAPAGAIO"

XA A TEMOS NO COLE. VEN CARGADA DE REPORTAXES MOI INTERESANTES E  EN GALEGO. NON A PERDAS!!

BIBLIOTÍZATE

GÚSTAME A BIBLIOTECA POR...

¿Que vos parece si participamos nun pequeno xogo? Cada un que poña por que lle gusta  a biblioteca. Tamén podedes poñer a opinión doutras bibliotecas que non sexan a do cole.

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola a tod@s. Agata e Paco nos mandan unha mensaxe dende Kenia.
O vindeiro luns, 24 de outubro, celebraremos o "DÍA DA BIBLIOTECA" e nada mellor que festexalo co 1º ATRAPACONTOS do curso. Xa sabedes que os nenos e nenas de 3º a 6º leerán un conto da biblioteca (apartados laranxa e amarelo) ao atrapacontos que lle toque este ano. Mañá venres entregaremos os carnés para que xa poidades ir seleccionando a lectura e sepades con quen vos tocou no atrapacontos deste ano. Como é o 1º atrapacontos podedes lerlles un libro da biblioteca ou traer un apropiado para a súa idade que teñades na casa.
Ademais como é o día da biblioteca Agata e Paco nos mandaron uns adhesivos para que poñades o nome dos atrapacontos que vos tocaron.


VIVAN AS BIBLIOTECAS!

mércores, 21 de setembro de 2016

OLA  QUERIDOS LECTORES.
A BIBLIOTECA POR FIN SE PON EN MARCHA.
ESTE ANO VAI DE VIAXES. APÚNTASTE Á AVENTURA?



mércores, 22 de xuño de 2016

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN





Primeiros lectores:

Gatiño e as vacacións. Editorial Kalandraka
Con Tango son tres. Editorial Kalandraka
Ollos. Editoiral Kalandraka
Té chocolate e café. Edita; Gestión Cultural

 Caídos do mapa. Sushi Books
Vacío.Bárbara Fiore Editora.
Mi casa azul.Kókinos
Poemas birollos para ler cos ollos; Xerais


Un día más contigo caminando por una tarde de primavera. Barbara Fiore Editora.
A miña familia e outros animais. Sushi Books.
Swing café. Kókinos
Cinco horas con Mauro. Embora.




martes, 21 de xuño de 2016

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

E chegou a despedida dos axudantes da biblioteca. Este ano tivemos 26 marabillosos axudantes  de 5º e 6º que entre moitas outras funcións fixeron o empréstito, colocaron os libros nas súas respectivas CDU ordearon os estantes e permitiron  que na hora do recreo a biblioteca estivera aberta para o alumnado. Agata e Paco agasalláronnos cunha axenda e un diploma. Desexamos que os de 6º  teñades moita sorte no instituto e xa sabedes que a biblioteca do cole do Hío está aberta tamén para vós. Os de 5º esperámosvos como axudantes no vindeiro curso. De parte do equipo de biblioteca GRAZAS!!



ULTIMO ATRAPACONTOS

Os contacontos e os atrapacontos tiveron unha despedida moi afectiva no patio da charca. Para o vindeiro ano cambiaremos os emparellamentos e algúns se estrearán coma contacontos.




Moitas grazas por escoitar e contar tan ben!
Houbo incluso agasallos!


Mochilas viaxeiras


As mochilas viaxeiras despídense ata o vindeiro curso. Grazas polos vosos comentarios!!

sábado, 4 de xuño de 2016

GANADORA DO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS


Akira Varela Yoshino

PREMIADOS NA PRIMAVERA LITERARIA






1º PREMIO NARRATIVA: ROI


2º PREMIO NARRATIVA: MARÍA E HUGO

3º PREMIO NARRATIVA: DORA

1º PREMIO POESÍA: JOSE E MARIETA

2º PREMIO POESÍA: ANTÓN AMADO E ANTÓN GÓMEZ

3º PREMIO POESÍA: ARANCHA E EVA

martes, 24 de maio de 2016



LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA
UNE CORRECTAMENTE CADA DATA CO SEU HOMENAXEADO/A E PARTICIPA NO CONCURSO (PODES CONSULTAR A EXPOSICIÓN DA BIBLIOTECA)


·                     ROSALÍA DE CASTRO
      2013
·                     FRANCISCA HERRERA
     1963
·                     MARÍA MARIÑO
·    2016
·                     ROBERTO VIDAL BOLAÑO
·    1987
·                     MANUEL MARÍA
     1991
·                     CELSO EMILIO FERREIRO
·    2007
·                     ÁLVARO CUNQUEIRO
·    1998
·                     CASTELAO
·    1965
·                     EDUARDO PONDAL
     1964
·                     XOÁN DE CANGAS
·     1989

mércores, 4 de maio de 2016

2ª FEIRA DO LIBRO.
Os nenos e nenas de infantil e primaria que trouxeron un libro da súa casa, fixeron o troco. Canxearon o seu vale por un libro dos da exposición, despois de escoller coidadosamente. Tamén houbo troco de adultos pero este ano se animaron pouquiños. Esperamos que para o ano que ven se nos animen máis papis e mamis!




OS MAIORES DRAMATIZAN CONTOS PARA OS PEQUENOS

Durante o mes de abril, na hora da lectura, os nenos e nenas de 5º e 6º estiveron facendo representación de contos para infantil 1º e 2º curso. Os pequenos estiveron moi atentos e os maiores o pasaron moi ben facendo de actores e actrices. Noraboa!






PROXECTO MATEMÁTICAS
O  alumnado de 2º curso estivo traballando as matemáticas dunha forma moi práctica e divertida. Primeiro tiveron que buscar unha receita e calcular cantos ingredientes necesitaban para facer a receita para toda a clase. Despois tiveron que calcular os cartos que necesitaban para mercar os ingredientes, investigando o prezo de cada un. O paso seguinte foi o da compra no super, e por último fixeron as receitas na clase. Estaba todo riquísimo.