domingo, 20 de decembro de 2020

O NADAL D@S AV@S

 

MAXIA ONLINE NO COLE

Para despedir o trimestre, o Equipo de Normalización lingüística organizou unhas sesións de maxia online co grupo 2Minds  cunha sesión de maxia e sombras chinescas. As sesións fixéronse en streaming, que quere dicir en emisión en directo, en 4 sesións de forma que de cada vez solo actuaban para 2 ou 3 aulas. Ademais obsequiaron á biblioteca cun libriño para aprender a facer as nosas propias sombras chinescas. Grazas por facernos pasar un rato moi divertido!








martes, 8 de decembro de 2020

XOGUETES PARA NENOS E XOGUETES PARA NENAS?

O XOGUETE SEXISTA 

 Non nos damos conta e a publicidade segue perpetuando estereotipos de outros tempos. Por que os nenos non poden xogar con osiños e bonecas? Por que as nenas non poden xogar con coches e bonecos de acción? Algunhas marcas xa incorporaron estos cambios que demanda a sociedade, outras sen embargo aínda están moi lonxe. Unha estratexia que siguen algunhas empresas é a de evitar poñer nenos e nenas nos anuncios e só mostrar as mans pero seguen marcando as diferenzas ou pola voz do anunciante ou polos colores. Ti que pensas?

En familia facede as seguintes enquisas tantas veces como queirades e analizade a publicidade.





domingo, 22 de novembro de 2020

DÍA DA MÚSICA

A biblioteca tamén se suma á celebración do día da música. Grazas a todos os participantes e principalmente aos avós e avoas que quixeron transmitirnos o seu bo facer. VIVA A MÚSICA! VIVA O HÍO!

sábado, 31 de outubro de 2020

SAMAÍN NA CASA

Para acompañar o voso Samaín na casa, os Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística prepararon esta presentación. Esperamos que vos guste. Feliz Samaín

xoves, 22 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O día 24 de outubro a biblioteca está de festa. Como este ano é un pouco especial imos celebralo desde as aulas pero cun montón de sorpresas. Xa sabedes que seguimos co proxecto AQUÍ XOGAMOS TOD@S e por iso o alumnado de 3 anos preparou un kahoot de lingua de signos coa profe Yoli. A ver cantas acertades. 
O nenos e nenas de 5º B prepararon o conto Non fai falta a voz. 
Temos en proceso outras sorpresas que esperemos que vos gusten.


venres, 16 de outubro de 2020

O PAPAGAIO DIXITAL

XA PODEDES VER O PAPAGAO DENDE AS VOSAS CASAS. RECOMENDAMOS SUBSCRIBIRVOS A ESTA MAGNÍIFICA REVISTA CON CONTIDOS MOI INTERESNATES E EN GALEGO!

xoves, 15 de outubro de 2020

COÑECENDO A LINGUA DE SIGNOS

ESTE ANO SEGUIMOS CO TEMA ANUAL "AQUÍ XOGAMOS TOD@S". PARA COÑECER NOVAS FORMAS DE COMUNICARNOS IMOS XOGAR CO ALFABETO DA LINGUA DE SIGNOS (DACTILOLÓXICO). PROXIMAMENTE EDITAREMOS UN CONCURSO NO QUE HABERÁ MOITAS SORPRESAS. PARA PARTICIPAR NO CONCURSO TEREDES QUE PRACTICAR OS SIGNOS DAS LETRAS. ATRÉVESTE?

BENVIDOS Á BIBLIOTECA

AGATA E PACO ESTÁN MOI CONTENTOS DE VOLVER CON VÓS. ESTIVERON MOI SOÍÑOS PERO XA ESTÁN PREPARADOS PARA SEGUIR DESCUBRINDO XUNTO A VÓS, NOVOS MUNDOS COA LECTURA. VEÑEN CARGADOS DE NOVIDADES PERO PARA QUE TODO VAIA BEN TEDES QUE SEGUIR AS INDICACIÓNS DO PROTOCOLO E ASÍ O MALVADO CORONAVIRUS NON PODERÁ ENTRAR NO NOSO COLE.

mércores, 29 de xullo de 2020

mércores, 3 de xuño de 2020

sábado, 16 de maio de 2020

venres, 15 de maio de 2020

CANTAMOS EN DEFENSA DO GALEGO

O 17 de maio é unha data para lembrar que o futuro do galego depende de nós. Así o cantan artistas de toda Galicia e como non, as nosas propias artistas do Hío. Bravo!

luns, 11 de maio de 2020

PREMIOS PRIMAVERA LITERARIA

COMEZAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS RECOÑECENDO OS MELLORES TRABALLOS DA PRIMAVERA LITERARIA. FOI MOI DIFÍCIL ESCOLLER ENTRE TANTOS TEXTOS, TAN BEN FEITOS. GRAZAS A TODOS E A TODAS! VIVA O GALEGO!

xoves, 23 de abril de 2020

Un libro, un autor/a, unha librería...

REIVINDICAMOS

DÍA DO LIBRO

Bo día! Agata e Paco están de festa porque celebran o día do libro. Como non podemos facer a festa no cole, farémola na casa. E para festexar aquí podedes ver os vídeos das vosas lecturas. Fixemos 3 vídeos para que sexa máis fácil visualizalos. Como nos gusta volver escoitar as vosas voces!!.

Moitas grazas pola vosa participación!

 FELIZ DÍA DO LIBRO!!





venres, 27 de marzo de 2020

SUPERMULLERES. HISTORIAS DE SUPERACIÓN

AQUÍ TENDES AS BIOGRAFÍAS DAS SUPERMULLERES.  PODÉDELAS LER, VISITAR OS ENLACES...ESTADE MOI ATENTOS PORQUE IMOS REANUDAR O CONCURSO DO DÍA DA MULLER QUE NOS QUEDOU A MEDIAS. FAREMOS UNHA PREGUNTA  E SORTEAREMOS UN AGASALLO ENTRE @S ACERTANTES!!

https://issuu.com/genihio286/docs/supermulleres.docx

luns, 9 de marzo de 2020

DÍA DA MULLER

EMPEZA O NOSO CONCURSO ANUAL DO DÍA DA MULLER. HOXE A PREGUNTA ERA : QUE MULLER XORDO CEGA FOI A PRIMEIRA EN CONSEGUIR UN TÍTULO UNIVERSITARIO EN EUROPA? A RESPOSTA CORRECTA ERA "GENNET CORCUERA" E O ACERTANTE E SELECCIONADO FOI HUGO DE 2º CURSO. NORABOA!

BIBLIOTECAS VIVENTES

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER CUNHA ACTIVIDADE CHAMADA "BIBLIOTECAS VIVENTES". SEIS MARABILLOSAS MULLERES VIÑERON A CONTARNOS AS SÚAS HISTORIAS DE SUPERACIÓN E ENSINÁRONNOS QUE AS ÚNICAS BARREIRAS ESÁN NA NOSA MENTE. COÑECEMOS A ANABEL, ANA, PILI E NELI, ALUMNAS E TRABALLADORAS DO COLEXIO "XOAN XXIII", A ISABEL, AFECTADA DE POLIO E NADADORA PROFESIONAL CON VARIOS RECORDS NO SEU HABER E AURORA MESTRA, PINTORA. MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR AS VOSAS VIDAS CON NOS.

BDMV 1 from Biblioteca Hío on Vimeo.

BDMV from Biblioteca Hío on Vimeo.

venres, 21 de febreiro de 2020

A FESTA

A SUBIDA DO ARCO

OS VIVAS

VIVA O CAR NA VAAAAL!

E chegou o gran día. Agradecemos a todas as familias que colaboraron en montar o arco do cole, da galescola, do Igrexario, a facer os estandartes, as bandeiras, os postres...Tamén temos que darlle as grazas as comparsas do Hío por facilitarnos as cousas, estandartes e incluso adiantar a posta do palco, no caso de Igrexario. Por suposto a Galescola que nos axudou na organización e fixeron un palco preciosos na Cruz do Castro. E como non agradecer aos nosos gaiteiros que fan do entroido do Hío o mellor entroido do mundo. VIVA O HÍO!! VIVA O CAR NA VAAAAAL!

Preparándonos para o Entroido

Este foi un ano moi especial no Hío porque decidimos reproducir o entroido tradicional do Hío. Para que nos ensinaran como se fai invitamos a 3 nais; Sandra de Igrexario, Laura de Vilanova e Camino de Liméns e viñeron dar unha charla para o alumnado de 5º e 6º. A elección dos presidentes e presidentas foi no curso de 6º e os ensaios os fixemos por aldea.

Charla de expertos no Hío

O pasado 11 de febreiro acudiron ao Hío varias expertos e expertas a falarnos das posibles solucións para o problema da contaminación da ría de Aldán. Tamén invitamos a varios responsables dos concellos de Bueu e Cangas para que sexan os que tomen o relevo para que o problema da contaminación se acabe. O alumnado colaborou na recepción dos expertos e expertas, que coincidiu co día da muller na ciencia, e foron testemuñas das palabras de compromiso dos políticos e do alcalde de Cangas, que nos felicitou polo traballo realizado.