domingo, 2 de decembro de 2018

Olimpíada do CEIP do Hío



Agata e Paco informan:
O venres 30 de novembro celebráronse as Olimpíadas de San Andrés 2018, con carácter bianual. O alumnado participou nas probas de velocidade, salto de lonxitude, altura, lanzamento de peso,  torres de carozos e carreiras de sacos para os máis pequenos. Despois da chocolatada organizada pola ANPA chegaron os deportes; brilé, futbito e baloncesto. Toda a rapazada o pasou en grande. Aquí deixamos a proba. Que a disfrutedes!

luns, 12 de novembro de 2018

ADOPTA UN LIBRO!

AGATA E PACO INFORMAN





TEMOS UN NOVO RECUNCHO NO COLEXIO. ESTÁ NO ESPAZO DE 1º CICLO. NESTE RECUNCHO PODEDES DEIXAR TODAS AQUELES LIBROS QUE XA NON LEADES NA  CASA E QUE POR FALTA DE ESPAZO OU INTERÉS NON QUEREDES CONSERVAR. 
PODEDES TRAER OS VOSOS LIBROS E DEIXALOS PARA QUE OUTRA FAMILIA OS ADOPTE E ASÍ POIDAN TER UNHA SEGUNDA VIDA. O ESPAZO ESTARÁ EN FUNCIONAMENTO DURANTE TODO O CURSO ESCOLAR.
OS LIBROS DA BIBLIOTECA QUE ESTÉN NESTE RECUNCHO DEBERÁN TER O SELO DE BAIXA DA BIBLIOTECA.

QUE VOS PARECE A NOSA IDEA?


Maleta Viaxeira de Inglés



Agata e Paco informan:

 A maleta viaxeira de inglés xa se despide. Veu visitarnos desde Pontevedra para ofrecer lecturas moi variadas en inglés. Na clase de 5 anos tivo moita acollida. Descubriron un libro de dinosauros que lles veu moi ben para completar a investigación que fixeron sobre estes animais prehistóricos e Breo estivo explicando os dinosauros que aparecían no libro, había un por cada letra do abecedario!

A profe María leulles varios contos; "Winnie the Witch" "Lost and Found" " A piece of bread"... aos nenos e nenas de 5 anos lles encantaron, sobre todo a Jakob que é un neno que fala inglés e chegou o ano pasado ao colexio.









xoves, 18 de outubro de 2018

ENQUISAS DE FIN DE CURSO

PACO E AGATA INFORMAN

AÍNDA PODEDES CUBRIR AS ENQUISAS DE FIN DE CURSO SE AÍNDA NON O FIXESTES. A PACO E A MIN NOS GUSTA SABER A VOSA OPINIÓN!

O SAMAÍN ESTÁ ÁS PORTAS

AGATA E PACO INFORMAN


FALTA POUQUIÑO PARA QUE CHEGUE O SAMAÍN. NÓS ESTAMOS IMPACIENTES POR VER A BIBLIOTECA DECORADA TERRORÍFICAMENTE, CON ARAÑEIRAS,  LIBROS DE MEDO E POR SUPOSTO COA COVA DA BRUXA…QUEN VIRÁ CONTAR HISTORIAS TERRORÍFICAS?

OS BAÚIS VIAXEIROS XA ANDAN POLAS CLASES



AGATA E PACO INFORMAN

OS PRIMEIROS EN TER O BAÚL  SON AS CLASES DE 2º, 4º E 5 ANOS. NO MES DE NOVEMBRO CAMBIARÁ DE CURSO. APROVEITÁDEO MENTRAS POIDADES!


NA CLASE DE 3º ESTÁN MONTANDO A ÁRBORE DA LECTURA. XA TEÑEN 6 FOLLAS!


AGATA E PACO INFORMAN


OS NENOS E NENAS DE 3º POR CADA LIBRO QUE LEAN E POÑAN A SÚA OPINIÓN TEÑEN DEREITO A COLOREAR UNHA FOLLIÑA PARA COLGAR NA ÁRBORE QUE TEÑEN MONTADA NUN RECUNCHO. CONSEGUIRÁN ENCHELA DE FOLLAS?



INTERCAMBIO LECTOR DE ADULTOS

AGATA E PACO INFORMAN

AS FAMILIAS QUE QUEIRAN PARTICIPAR NESTE INTERCAMBIO, SÓ TEÑEN QUE TRAER UN LIBRO DE CASA (ALGÚN QUE LLES GUSTARA)E DEIXALO NO RECUNCHO “INTERCAMBIO LECTOR DE ADULTOS”. AO FINAL DE CURSO SE LLES DEVOLVERÁ O LIBRO. COMO NON ESTÁN REXISTRADOS ANOTAREMOS OS PRÉSTAMOS NUNHA FOLLA. ANIMARVOS A PARTICIPAR. ESTE ANO HABERÁ ALGUNHA NOVIDADE QUE APORTARÁ A BIBLIOTECA.


AS MOCHILAS VIAXEIRAS XA ESTÁN NALGÚNS FOGARES

AGATA E PACO INFORMAN


AS MOCHILAS VAN CARGADAS DE LIBROS VARIADOS; COCIÑA, MÚSICA, MANUALIDADES...ESTAMOS ENCANTADOS DE COÑECER AS VOSAS OPINIÓNS A TRAVÉS DA LIBRETA DE SUXESTIÓNS. XA SABEDES QUE SI NON VOS DA TEMPO A LER OS LIBROS, SEMPRE OS PODEDES LEVAR PRESTADOS DA BIBLIOTECA. ESTÁN POR DUPLICADO!!

XA ESTÁ EN MARCHA A FEIRA DO EXPURGO


AGATA E PACO INFORMAN

COMA TODOS OS ANOS, AO PRINCIPIO DE CURSO FACEMOS UNHA EXPOSICIÓN COS LIBROS QUE XA NON TEÑEN CABIDA NA BIBLIOTECA,  POR MAL ESTADO OU POR OBSOLETOS. ANTES DE BOTALOS A RECICLAR NO BIDÓN AZUL, PARÉCENOS MOI INTERESANTE DARLLES UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE , ASÍ QUE OS QUE QUEIRAN ADOPTAR PARA A SÚA CASA A ALGÚN DOS LIBROS EXPOSTOS PODE FACELO. PROXIMAMENTE INDICAREMOS O DÍA NO QUE SE FARÁ A ADOPCIÓN.


AGATA E PACO XORNALISTAS

PACO MAIS EU IMOS FACER DE XORNALISTAS E INVESTIGADORES. QUEREDES COLABORAR CON NÓS?

AGATA E PACO INFORMAN

OS NENOS E NENAS DO COLEXIO DO HÍO INVESTIGAN SOBRE A CONTAMINACIÓN DA AUGA.

  ESTE ANO O PROXECTO DO COLE SEGUE SENDO “A AUGA, FONTE DE VIDA” PERO DADOS OS RESULTADOS DAS ANÁLISES DO IPROMA TODO INDICA QUE NON É NECESARIO DESCONTAMINAR A LAGOA DE VILARIÑO PORQUE ELA MESMA É QUEN DE FACELO.

 O QUE NON SABEMOS SON AS CAUSAS DA CONTAMINACIÓN DA RÍA DE ALDÁN, E SOBRE TODO AS SOLUCIÓNS. ASÍ QUE ESTE ANO TOCA PESQUISAR. ADEMAIS FAREMOS ACTIVIDADES PARA COÑECER AS FONTES, LAGOAS E RÍOS DO ENTORNO, COAS SÚAS LENDAS, REFRÁNS, OFICIOS…

martes, 22 de maio de 2018

AS FAMILIAS TAMEN CONTAN


O día do libro Cuca, a nai de Zoe e Breo de 2º curso veu contarnos contos de vermiños, princesas e saltóns. Como facía moi bo día fomos a escoitalos ao monte.  Encantaronnos!






domingo, 20 de maio de 2018

letras galegas

O mércores celebramos no cole as letras galegas cun festival para os nenos e nenas. A presentación correu a cargo do alumnado de 6º que trouxo nada maís e nada menos que a Mª Victoria Moreno para que nos contara cousas da súa vida. As actuacións foron moi variadas; relacionadas coa natureza e o proxecto deste ano como, os eucaliptos, a reciclar, toxos e flores, a obra o piollo e apulga, a ra , os instrumentos ou coa figura da homenaxeada ; A festa no faiado e presentación dramatizada.

   Darío, Erika e o alumnado de 4º interpretaron "Xa chovendo está"

    O alumnado de 3 anos bailou o rap do eucalipto de Migallas


    Os de 5 anos fixeron un xogo musical "Toxos e flores" trad.

     Os de 4 anos cantaron e bailaron "a ra" de Susa Herrera.

   Os de 3º dramatizaron "O piollo e a pulga"

    Os de 1º cantaron e bailaron "A miña tía" de Mamacabra

                             
   Os de 4º bailaron "Millo verde"  de "Para cantar e bailar"
                               
Os de 2º cantaron a canción "A reciclar"


       Os de 5º interpretaron "A festa no faiado" de Mª Victoria Moreno

   Os de 6º presentaron e dramatizaron o acto, dándonos moitos datos de Mª Victoria Moreno

  Os de coro interpretaron 3 cancións; O progreso de Roberto Carlos, A lavandeira da noite de Fuxan os ventos e "Simamaka", canción de Ghana. Proximamente actuarán na Galescola.
Por último os de 5º e 6º fixeron fin de festa a ritmo de Radio Bule Bule de Paco Nogueiras.
Un festival espectacular!!

martes, 8 de maio de 2018

A música, o mellor agasallo!

Este mes tivemos a sorte de asistir a dous concertazos. Para os máis pequenos "Cantos animais" de Susa Herrera e para máis maiores "Radio Bule Bule" de Paco Nogueiras.  Agasallando música espallaremos felicidade e contrinuiremos a que os músicos galegos sigan facendo estes magníficos traballos!!



luns, 7 de maio de 2018

Cantos animais!

Susa Herrera

Hoxe tivemos de convidada na biblioteca a Susa Herrera que nos deleitou coas cancións do seu disco " Cantos animais".  Os nenos e nenas de educación infantil ata 3º de primaria, cantaron e bailaron a canción do Poni, do crocodilo, do elefante.... Que ben o pasamos!!









luns, 30 de abril de 2018

ATRAPACONTOS DE ABRIL

EN ABRIL LECTURAS MIL.




AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

A nai de Diego de 3º veu contarnos o conto "A casa do rato Renato". Ademais nos agasallaron cunhas chulas de cabaza (non quedaron nin as migas)mmmmm!!





Tamén veu contar á clase de 1º o galo avisado e o raposo trampulleiro. O galo, Anxo Sotelo, fixo ademais de axudante. Encantounos!



AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Os pais de LLuna de 1º viñeron contarnos varios contos con música e ata nos fixeron un truco de maxia. Que sorte!