luns, 25 de marzo de 2019

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DA MULLER


CONCURSO DO DÍA DA MULLER

AGATA E PACO INFORMAN:


Xa temos ganador@s do concurso do día da muller


O alumnado do Hío estivo participando no concurso diario, que consistía en ler a pregunta da entrada e buscar a solución nas biografías expostas na biblioteca. 

As preguntas foron:

1. QUE MULLER INVENTOU OS ACUARIOS?
2.EN QUE ANO NACEU A 1ª MULLER QUE DEU A VOLATA AO MUNDO?
3. DE DONDE ERA A MULLER QUE TRABALLOU DE RECADEIRA E CRUZOU A RÍA MÁIS DE 10000 VECES?
4.EN QUE ANO MORREU A MULLER  QUE INVENTOU E FABRICOU OS PRIMEIROS TRAXES IMPERMEABLES?
5. QUE MULLER FOI A PRIMEIRA PERSOA EN DEBUXAR O FONDO DE TODOS OS OCÉANOS?
6.QUE PROFESIÓN TIÑA A MULLER QUE LOITOU POLOS DEREITOS DAS TRABALLADORAS E FOI DURAMENTE CASTIGADA POLO RÉXIME FRANQUISTA?



E OS GANADOR@S FORON:
DORA DE 5º, IRIS DE 6º, RAÚL DE 1º, NOA DE 4º, MAIA DE 2º E PABLO DE 1º

SABERÍAS RELACIONAR A RESPOSTA COA PREGUNTA?

MARIE THARP, ATADEIRA, JEANNE VILLEPREUX, 1740, BUEU, 1939.

luns, 11 de marzo de 2019

Día da Muller

Agata informa:

Despois destes días de movilizacións e folgas o colexio do Hío segue a traballar pola visibilización do traballo da muller. Este ano baixo o título "Mulleres de auga" para abranguer a todas as profesións que teñen que ver coa auga. Na nosa, xa tradicional, mesa redonda tivemos como invitadas a Manuela, peixeira e  lavandeira, Mercedes, peixeira, María, redeira e Carmela mariscadora de area e de rocha (cría de mexilón e percebe). Todas elas,moderadas pola mestra Isabel Carracedo, nos foron contando a súa experiencia, desde traballar atando redes desde os 10 anos como María, de pasar por ser a primeira Canguesa que sacou o carnet de conducir, para ir buscar o peixe ás lonxas de Ribeira para despois vendelo,como Manuela ou  como Carmela que  nos contou os perigos do mar, onde todos os sentidos teñen que estar ao cen por cen e o importante que é ir acompañada, no caso de que pase algún accidente. Todas coinciden en que se mellorou moito pero aínda hai moito que facer. Aínda que ningunha se ten sentido en inferioridad de condicións cos homes, Carmela apunta que cando a muller ten postos de mando, aos homes élles máis difícil acatar as ordes e sempre poñen en cuestión a formación da muller. Así que nenas e nenos a seguir loitando pola igualdade e o mundo será un lugar mellor!






domingo, 3 de marzo de 2019

Entroido no ceip do Hío

Agata e Paco informan: 

Como este ano estamos traballando o tema da auga e da contaminaciçon da ría de Aldán o alumnado disfrazouse de oficios relativos a auga; poceiros, mariñeiros, redeiras, homes e mulleres do tempo, peixeiras, mergulladores. As comparsan fixeron as coplas con letras críticas con estes e outros temas e tamén elaboraron accesorios con materiais reciclados. Acompañados do alumnado da Galescola e das familias, baixamos ao entorno do Cruceiro para interpretar alí as coplas, e rematamos bailando no colexio ao son dos gaiteiros . Aquí podedes ver os vídeos. VIVA O ENTROIDO!!

Actuación de 6º

Actuación de 5º

Actuación de 4º

Actuación de 3º

Actuación de 2º

Actuación de 1º curso

Entroido actuación de infantil

Agata e Paco informan;

Dende o Hío retransmitimos en directo:

Aquí está a actuacion da Galescola...Bravo!!


Atrapacontos de febreiro

Agata e Paco informan:

Celebración do atrapacontos de febreiro, disfrazados dos mandados de Arturo.