mércores, 26 de abril de 2023

VIOLETA, CASPER E AS ABELLAS

VOTA POLOS TEUS FAVORITOS

 VAN APARECENDO OS PRIMEIROS TEXTOS DA PRIMAVERA LITERARIA. PODES ENTRAR, LER E COMENTAR OS QUE MÁIS CHE GUSTEN. AS TÚAS OPINIÓNS TERANSE EN CONTA Á HORA DA PREMIAR AOS MELLORES. XA SABEDES QUE POR PARTICIPAR TOD@S TEREDES UN AGASALLO.



Hecho con Padlet

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN

 POLO DÍA DO LIBRO O MESTRE CUBANO, DIDIER VEU DAR UN OBRADOIRO DE PERCUSIÓN AO ALUMNADO DE 5º E 6º. O RESULTADO SOOU ASÍ DE BEN.


BIBLIOTECA MUNICIPAL DO HÍO

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO HÍO ENTREGOU O AGASALLO AO GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. O AFORTUNADO FOI MANU DE 6º QUE RECIBIU 2 MAGNÍFICOS LIBROS. NORABOA! E XA SABEDES PARA O VINDEIRO ANO ESTADE ATENTOS O CONCURSO E PARTICIPADE!








domingo, 2 de abril de 2023

PRIMAVERA LITERARIA 2023

 

BIBLIOTECA E FAMILIAS


 

INTERCAMBIO LECTOR DE ADULTOS


 

XORNADAS PLAMBE

 O 31 de marzo asistimos ás xornadas Plambe de Bibliotecas escolares. Entre as variadas e interesantes ponencias coñecemos á mítica Helena Villar Janeiro da que temos moitos libros de poesía en galego para os máis pequenos. Foi un pracer coñecela.



Premios concurso do Día da Muller

Agata e Paco agasallaron aos afortunados e afortunadas do sorteo das preguntas sobre as Mulleres da exposición. Noraboa aos premiados e premiadas.



























Creación dunha plataforma para a defensa da ría

O pasado 24 de marzo celebrouse no Concello de Cangas unha reunión para crear unha plataforma que implicara as asociacións do Hío, na defensa da descontaminación da ría de Aldán, da que dependen económicamente moitas familias. Claudio e o colexio do Hío, que tanto traballaron naquel proxecto que empezou no 2017, analizando a contaminación da Lagoa de Vilariño que derivou no 2018 no estudo da contaminación da ría de Aldán, dan así por finalizado un traballo onde alumnado e profesorado estiveron moi implicados. Agora toca dar relevo ás asociacións e Concello na busca de financiación para solucionar este problema. Afortunadamente varios colectivos do Hío se interesaron pola Creación da Plataforma e o vindeiro 14 de abril reuniranse no Colexio do Hío. Esperamos que nun futuro cercano poidamos dar solución a este grave problema. Sería un exemplo magnífico para o noso alumnado brindándolle así un futuro esperanzador.




PLAN DIRECTOR

A garda civil veu darnos información sobre o uso de internet, das mentiras e dos datos falsos que atopamos con frecuencia na rede. Recordade, en caso de dúbida, falar sempre cos vosos pais.

ATRAPACONTOS MARZO

Aquí vai un resumo fotográfico da xornada: