sábado, 30 de abril de 2022

OS PERIGOS DE INTERNET

 

O vindeiro martes 3 de maio, ás 5 da tarde terá lugar unha charla para as familias sobre estos temas. O profesorado está moi preocupado polos crecentes problemas derivados dun mal uso de internet e dunha excesiva exposición a Internet e aos videoxogos. Recomendamos a todas as familias que poidan que asistan a esta charla. A garda Civil estará encantada de resolver as vosas dúbidas.

Esta semana tivemos a visita da Guardia Civil para alertarnos do perigo de navegar por internet sin a supervisión dun adulto.  As horas que lle adicamos ao xogo tamén deben estar moi controladas xa que derivan moitas veces en deficit de atención escolar, adición aos videoxogos e comportamentos inadecuados sobre todo cando non se respetan as idades para a que está indicado o videoxogo. 







OS PROXECTOS DO CENTRO

A MÚSICA NO COLE. OBRADOIROS CON DIDIER DÍAZ

Esta semana o alumnado de 5º tivo un obradoiro de música electrónica co profesor cubano Didier Díaz. Aquíe temos unha mostra. O alumnado disfurtouno ao máximo

E o alumando de 6º un obradoiro de percusión: Así de ben soaron.
INCUBADORA 
Este ano puxemos en marcha a incubadora. Os nenos e nenas de 1º e 2º levaron a cabo un proxecto no que investigaron e aprenderon moito sobre o nacemento dos pitiños. Naceron un montón!
A HORTA. PLANTACIÓN SETA SHIITAKE. 
O alumnado participou no cultivo da seta shiitake que ten un proceso peculiar. Non vai na terra, hai que facerlle uns buratos a un tronco, poñer as sementes e despois tapalas cun corcho. A continuación hai que deixar o tronco nun lugar húmedo e sombrío, e a esperar...

venres, 29 de abril de 2022

Encontro con Irene Blecua

Os cursos de 3º , 4º, 5º e 6º, asistiron a un encontro virtual coa montadora de cine Irene Blecua. Explicounos moitísimas cousas sobre o cine, a cantidade de xente que traballa detrás das cámaras e o difícil que é compaxinar ser nai co seu traballo.

venres, 22 de abril de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Este ano propuxemos que as recomedacións lectoras foran a modo de "booktrailer" ligado co proxecto do cine. Aquí están as vosas creacións.

DÍA DO LIBRO

Hoxe comezou a celebración do día do libro que se ampliará a toda a semana que ven. Algúns dos cursos que pasaron pola biblioteca xa puideronvisitar a exposición de novidades, a exposición de libros de película e recibiron os agasallos que Agata e Paco elixiron para eles: marcalibros, lambonadas, tatuaxes e para os maiores unha cita literaria. Ademais os que queiran poden escribir na libreta da bibioteca "que é para vos unha biblioteca".
FELIZ DÍA DO LIBRO! (Aproveitade o día de hoxe para mercar algún libro nas librerías de Cangas que seguro que vos fan desconto)

XORNADA CREATIVA