Este ano celebramos o Samaín con contos terroríficos na biblioteca e tamén con contos pola radio feitos polo alumnado de 3º ciclo. Unha biblioteca de medo!!
A BIBLIO DE AGATA E PACO
Blog da biblioteca do CEIP do Hío
mércores, 4 de novembro de 2026
venres, 23 de outubro de 2026
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, COA ORGANIZACIÓN DO ATRAPACONTOS, A POSTA EN MARCHA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS, OS RECUNCHOS DE FAVORITOS NAS AULAS E A PRESENTACION DO PROXECTO ANUAL "A NATUREZA, UNHA IMPORTANTE PEZA".
PARABÉNS A TODAS AS BIBLIOTECAS DOS COLEXIOS PÚBLICOS QUE ESTÁN A REALIZAR UN TRABALLO FANTÁSTICO. VIVAN AS BIBLIOTECAS. VIVA O ENSINO PÚBLICO!
martes, 9 de xuño de 2026
Recomendacións Lectoras
Aquí tedes as recomendacións lectoras que fixemos entre todas as bibliotecas do Morrazo.
luns, 8 de xuño de 2026
Feira da ciencia
Entrega diplomas voluntariado
Recoñecemento ao voluntariado de 5º e 6º que fixo posible un mellor funcionamento da biblioteca. Moitas grazas!
Entrega Premios Primavera Literaria
Hoxe foi a entrega dos premios da Primavera Literaria. Grazas á editorial Rinoceronte de Cangas, todos os participantes recibiron un libro como agasallo. Os premiados levaron outro pequeno agasallo de parte de Agata e Paco. Os textos quedarán arquivados nunha carpeta, na biblioteca. Grazas a todos e todas por participar.