domingo, 28 de maio de 2023

ENREDANZAS

 O proxecto "Enredanzas" nace da coordinación dos profesores de música de casi todos os colexios de Cangas públicos e privados para facer unha xornada de bailes do mundo. O espazo escollido foi o adro de Darbo. Os colexios participantes estiveron preparando os bailes durante meses, facendo titoriais para os outros colexios, deseñando o logo e e preparando as camisetas para o evento. O conservatorio de música e a Escola de música de Cangas prepararon as músicas para tocalas en directo. Ademais contamos con 3 cantantes en directo 2 delas ex alumnas do Hío, Eva Paredes e Dora Pumar, un luxo telas formando parte do proxecto. O colexio do Hío participou coa clase de 4º por ser o único nivel onde se imparten 2 horas, unha delas a de libre configuración.  Foi moi bonito.


NA CASA, NA ESCOLA BOTA A LINGUA FÓRA

ESTE FOI O LEMA DO CORRELINGUA 2023 PARA ANIMAR A TODA A RAPAZADA A FALAR EN GALEGO. TEMOS UNHA LINGUA PROPIA E TEMOS QUE ESTAR MOI ORGULLOSOS DELA. FALEMOS EN CASTELÁN, INGLÉS E FRANCÉS PERO PRIMEIRO EN GALEGO!!
Canción participante no Crealingua 2023
Regueifa participante no Correlingua 2023

domingo, 21 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 Aquí tedes un resumo da fantástica celebración do día das letras galegas. Viva o galego! Grazas a todo o noso alumnado por compartir tanto talento e a Manolo Cobas por contaxiarnos o seu entusiasmo polo baile galego. Teredes as actuacións máis polo miúdo no blog de normalización lingüística.


sábado, 6 de maio de 2023

XORNADAS INTERCULTURAIS

A clase de cuarto de primaria, participou nunha actividade moi amena e dinámica xestionada polo Concello de Cangas. Tiña como finalidade que os nenos e nenas, coñecéramos outras culturas máis desfavorecidas que a nosa. Todo elo a través dun conto, no que unha nena chamada Irene, narra as súas experiencias do seu viaxe por África. Os propios nenos de cuarto participamos como personaxes dos conto e resultou moi divertido. Ao final os monitores deixaron un conto para a clase e catro para a biblioteca, é moi, moi recomendable!!! Ánimádevos a prestalo na biblioteca.
ANXO MOURE VEU CONTARNOS HISTORIAS DA PAZ COA SÚA PAZDEIRETA

TROCO DE LIBROS

XA ESTÁS ABURRIDO DALGÚN LIBRO DA TÚA CASA E PENSAS QUE NON O VAS VOLVER LER? CÁMBIAO POR OUTRO NA FEIRA DO TROCO E DEIXAO FORMAR PARTE DOUTRA FAMILIA.



AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

XORNADA DE CREACIÓN LITERARIA

Para animar á escrita organizamos a xornada de Creación literaria ao aire libre. Foi moi inspiradora

BIBLIOTECA CREATIVA. OBRADOIROS SANDRA BASTÓN

VISITA DA ASOCIACIÓN XOGA

Trala participación do alumnado de 6º de Educación Infantil no concurso "xoga coas manciñas", promovido pola asociación XOGA no que acadamos 0 1º premio, recibimos a visita de Mº Jesús que é presidenta da asociación e de Inés que é unha persoa xordocega cun resto mínimo de visión. A finalidade é a de sensibilizar e difundir a lingua de signos entre o alumnado. Gracias pola vosa misión e implicación!