sábado, 26 de xuño de 2021

O CEIP DO HIO FINALISTA DOS PREMIOS ECOINNOVACIÓN

O 25 de xuño foi unha xornada moi especial. O colexio optaba aos premios de ecoinnovación Endesa. Estivemos a piques de gañar o 1º premio entre máis de 200 proxectos presentados de toda España. Finalmente conseguimos o 2º posto. Asistiron en representación do Concello de Cangas Ingrid, concelleira de educación e Pilar, concelleira de medio ambiente. Noraboa a toda a comunidade educativa!

mércores, 16 de xuño de 2021

O CAMIÑO

Como actividade do proxecto "Aquí xogamos tod@s" o equipo de normalización e biblioteca organizaron unha gimkana baseada no libro "O Camiño" da nosa compañeira Marisa Núñez. O resultado foi fantástico e tódolos nenos e nenas o pasaron xenial. Aquí temos unhas cantas fotos.

UN COLE INCLUSIVO

Como sabedes a aula de 3 anos e o curso de 4º participaron no concurso "Xoga coas manciñas" que consistía en adaptar un conto ou unha canción a lingua de signos e ...GAÑARON O 1º PREMIO NAS DÚAS CATEGORÍAS!! A aula de 3 anos gañou na categoría de infantil o 1º premio co canción "Non fai falta voz" e 4º curso gañou na categoría de primaria coa canción "A reciclar". Podedes ver a entrega de premios no seguinte enlace. 3 anos a partir do minuto 41 e 4º curso a partir do minuto 58. Noraboa por este gran traballo!

mércores, 2 de xuño de 2021

OS ALCUMES DO HÍO

Hecho con Padlet
INVITAMOS A TODA A COMUNIDADE A PARTICIPAR ESCRIBINDO OS ALCUMES E O SEU SIGNIFICADO SI O COÑECEN!