domingo, 20 de decembro de 2020

O NADAL D@S AV@S

 

MAXIA ONLINE NO COLE

Para despedir o trimestre, o Equipo de Normalización lingüística organizou unhas sesións de maxia online co grupo 2Minds  cunha sesión de maxia e sombras chinescas. As sesións fixéronse en streaming, que quere dicir en emisión en directo, en 4 sesións de forma que de cada vez solo actuaban para 2 ou 3 aulas. Ademais obsequiaron á biblioteca cun libriño para aprender a facer as nosas propias sombras chinescas. Grazas por facernos pasar un rato moi divertido!








martes, 8 de decembro de 2020

XOGUETES PARA NENOS E XOGUETES PARA NENAS?

O XOGUETE SEXISTA 

 Non nos damos conta e a publicidade segue perpetuando estereotipos de outros tempos. Por que os nenos non poden xogar con osiños e bonecas? Por que as nenas non poden xogar con coches e bonecos de acción? Algunhas marcas xa incorporaron estos cambios que demanda a sociedade, outras sen embargo aínda están moi lonxe. Unha estratexia que siguen algunhas empresas é a de evitar poñer nenos e nenas nos anuncios e só mostrar as mans pero seguen marcando as diferenzas ou pola voz do anunciante ou polos colores. Ti que pensas?

En familia facede as seguintes enquisas tantas veces como queirades e analizade a publicidade.