venres, 18 de marzo de 2022

CINEMA MARABILLAS

 Seguimos coas actividades relacionadas co cine, asistindo a unha representación de Raquel Queizás no auditorio de Cangas coa obra "Cinema marabillas". Raquel meteuse en 4 películas de cine mudo relacionadas con contos da bibioteca; Alicia no país das marabillas, Peter Pan, Polgariño e O mago de Oz e puxo as voces das personaxes. Foi moi divertido!



martes, 15 de marzo de 2022

Encontros con mulleres de cine

Durante a semana da celebración do Día da Muller tivemos a oportunidade de coñecer a mulleres que teñen profesións relacionadas co cine: 

O curso de 3º tivo un encontro virtual con Fátima Davite, profesora na Universidade da Coruña e que se adica a facer os pelos e as roupas para películas de animación

O curso de 4º tivo un encontro virtual con Isa Rega, foquista de cine. Con ela descubrimos que unha foquista non é a que coloca os focos senón a que enfoca as esceas que se queren grabar.



Os de 5º curso coñeceron a Noemí Chantada, guionista e directora galega


Os de 6º A contactaron con Lidia Fraga, que é guionista nalgunhas das series de televisión máis populares de Galicia e de España.


O alumnado de 6º B tivo a sorte de contar coa presenza da directora e guionista Paula Cons, que está a recoller premios por todo o mundo coa súa última película rodada na illa de Sálvora "A Illa das mentiras"


CANTO TALENTO TEMOS EN GALICIA!!










domingo, 13 de marzo de 2022

CONCURSO DÍA DA MULLER

 Desde o 8 de marzo ata o 16 de marzo ponse en marcha o tradicional concurso sobre as biografías expostas, na que o alumnado de primaria terá que respostar unha pregunta diaria. De todos os  e as acertantes sacaremos unha papeleta co ganador ou ganadora do día. Moita sorte e lede con atención! 
Aquí van algunhas fotos!









8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

O 8 de marzo celebramos o día da muller expoñendo as biograías elaboradas polo alumnado de 5º e 6º. Este ano baixo o lema LUCES, CÁMARA, MULLERES NO CINE! dando visualización a mulleres que durante anos foron silenciadas ou non o suficentemente recoñecidas,  a pesares da súa granede contribución ao cine. Aquí mostramos algunhas delas. 
Moitas grazas ao alumnado de 5º e 6º polo seu traballo.