venres, 21 de febreiro de 2020

A FESTA

A SUBIDA DO ARCO

OS VIVAS

VIVA O CAR NA VAAAAL!

E chegou o gran día. Agradecemos a todas as familias que colaboraron en montar o arco do cole, da galescola, do Igrexario, a facer os estandartes, as bandeiras, os postres...Tamén temos que darlle as grazas as comparsas do Hío por facilitarnos as cousas, estandartes e incluso adiantar a posta do palco, no caso de Igrexario. Por suposto a Galescola que nos axudou na organización e fixeron un palco preciosos na Cruz do Castro. E como non agradecer aos nosos gaiteiros que fan do entroido do Hío o mellor entroido do mundo. VIVA O HÍO!! VIVA O CAR NA VAAAAAL!

Preparándonos para o Entroido

Este foi un ano moi especial no Hío porque decidimos reproducir o entroido tradicional do Hío. Para que nos ensinaran como se fai invitamos a 3 nais; Sandra de Igrexario, Laura de Vilanova e Camino de Liméns e viñeron dar unha charla para o alumnado de 5º e 6º. A elección dos presidentes e presidentas foi no curso de 6º e os ensaios os fixemos por aldea.

Charla de expertos no Hío

O pasado 11 de febreiro acudiron ao Hío varias expertos e expertas a falarnos das posibles solucións para o problema da contaminación da ría de Aldán. Tamén invitamos a varios responsables dos concellos de Bueu e Cangas para que sexan os que tomen o relevo para que o problema da contaminación se acabe. O alumnado colaborou na recepción dos expertos e expertas, que coincidiu co día da muller na ciencia, e foron testemuñas das palabras de compromiso dos políticos e do alcalde de Cangas, que nos felicitou polo traballo realizado.

A nova biblioteca

Agata e Paco danvos a benvida á nova biblioteca. Foron meses de duro traballo, acarrexar sillas, libros, mobles... pero xa podemos facer uso dela aínda que nos quedan algunhas cousas por perfeccionar.