venres, 23 de febreiro de 2018

#AbrideAFiestra

Hoxe  homenaxeamos a Rosalia.
Mañán 24 de Febreiro é o aniversario do nacemento de Rosalía. A Asociación de escritores en galego propóñennos que agasallemos cun libro e unha rosa recordando  o 180 aniversario de Rosalía de Castro que segue a ser unha figura clave na cultura galega e máis actual que nunca.

Nas  actividades da biblioteca recordamos algúns dos seus datos biográficos e escribimos algúns dos seus versos polas fiestras. Os versos escollidos foron ao arredor da auga e así relacionamos a actividade co proxecto deste ano.
 Tamén expuxemos o Manifesto escrito por María Reimondez.