venres, 29 de outubro de 2021

SAMAÍN VS CORRELINGUA

Aquí temos un resumo do día do Samaín no que tamén celebramos a festa aprazada do Correlingua cun concerto en Streaming para os colexios do Morrazo a cargo do grupo Música Miúda. Este ano aínda non recobramos a "normalidade" pero pasámolo moi ben. O alumnado e profesorado veu disfrazado de personaxes de medo do imaxinario galego; santa compaña, bruxas, meigas chuchonas, o home de saco, A Marimanta...e por suposto esqueletos e almas en pena...

domingo, 24 de outubro de 2021

24 de outubro. Dia das bibliotecas escolares

Chegou o día das bibliotecas escolares e nocole do Hío aproveitamos para poñer en marcha as mochilas viaxeiras, o recuncho de favoritos e o cartafol para gardar os traballos sobre o proxecto deste ano sobre o cine "O Hío, un lugar de película"

domingo, 17 de outubro de 2021

18 de outubro. DÍA DAS ESCRITORAS

Para conmemorar este día compartimos o recurso feito polo colexio Vistahermosa de Ourense. Atréveste a participar?