luns, 13 de decembro de 2021

TROMPOS DE CINE

ACTIVIDADE DESENVOLVIDA POLO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN. QUERES SABER @S GANADOR@S? MIRA O VÍDEO. QUEDARON CHULÍSIMOS.

xoves, 25 de novembro de 2021

xoves, 4 de novembro de 2021

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

O 4 DE NOVEMBRO CELÉBRASE O MES DA CIENCIA EN GALEGO. A ASOCIACIÓN APEGO COMPARTÍU UN VÍDEOS MOI INTERESANTES PARA SABER MÁIS DE CIENCIA E ADEMAIS EN GALEGO



     




venres, 29 de outubro de 2021

SAMAÍN VS CORRELINGUA

Aquí temos un resumo do día do Samaín no que tamén celebramos a festa aprazada do Correlingua cun concerto en Streaming para os colexios do Morrazo a cargo do grupo Música Miúda. Este ano aínda non recobramos a "normalidade" pero pasámolo moi ben. O alumnado e profesorado veu disfrazado de personaxes de medo do imaxinario galego; santa compaña, bruxas, meigas chuchonas, o home de saco, A Marimanta...e por suposto esqueletos e almas en pena...

domingo, 24 de outubro de 2021

24 de outubro. Dia das bibliotecas escolares

Chegou o día das bibliotecas escolares e nocole do Hío aproveitamos para poñer en marcha as mochilas viaxeiras, o recuncho de favoritos e o cartafol para gardar os traballos sobre o proxecto deste ano sobre o cine "O Hío, un lugar de película"

domingo, 17 de outubro de 2021

18 de outubro. DÍA DAS ESCRITORAS

Para conmemorar este día compartimos o recurso feito polo colexio Vistahermosa de Ourense. Atréveste a participar?

sábado, 26 de xuño de 2021

O CEIP DO HIO FINALISTA DOS PREMIOS ECOINNOVACIÓN

O 25 de xuño foi unha xornada moi especial. O colexio optaba aos premios de ecoinnovación Endesa. Estivemos a piques de gañar o 1º premio entre máis de 200 proxectos presentados de toda España. Finalmente conseguimos o 2º posto. Asistiron en representación do Concello de Cangas Ingrid, concelleira de educación e Pilar, concelleira de medio ambiente. Noraboa a toda a comunidade educativa!

mércores, 16 de xuño de 2021

O CAMIÑO

Como actividade do proxecto "Aquí xogamos tod@s" o equipo de normalización e biblioteca organizaron unha gimkana baseada no libro "O Camiño" da nosa compañeira Marisa Núñez. O resultado foi fantástico e tódolos nenos e nenas o pasaron xenial. Aquí temos unhas cantas fotos.

UN COLE INCLUSIVO

Como sabedes a aula de 3 anos e o curso de 4º participaron no concurso "Xoga coas manciñas" que consistía en adaptar un conto ou unha canción a lingua de signos e ...GAÑARON O 1º PREMIO NAS DÚAS CATEGORÍAS!! A aula de 3 anos gañou na categoría de infantil o 1º premio co canción "Non fai falta voz" e 4º curso gañou na categoría de primaria coa canción "A reciclar". Podedes ver a entrega de premios no seguinte enlace. 3 anos a partir do minuto 41 e 4º curso a partir do minuto 58. Noraboa por este gran traballo!

mércores, 2 de xuño de 2021

OS ALCUMES DO HÍO

Hecho con Padlet
INVITAMOS A TODA A COMUNIDADE A PARTICIPAR ESCRIBINDO OS ALCUMES E O SEU SIGNIFICADO SI O COÑECEN!

mércores, 26 de maio de 2021

Canción en lingua de signos da clase de 4º

Os nenos e nenas de 4º adaptaron á lingua de signos a canción de "A reciclar", para o concurso "Xoga coas manciñas". Que ben lles quedou!

sábado, 15 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS NO COLE

O tempo agasallounos cun fermoso día para celebrar as letras galegas. Os nenos e as nenas do colexio do Hío que durante días estiveron preparando os bailes con Manolo Cobas, puideron bailar todos xuntos. Tameń cantaron a canción Lingua guapa do disco do mesmo nome editado por Galaxia. As actividades estiveron organizadas polo equipo de Normalización Lingüística para hommenaxear a autora galega Xela Arias e lembrar que temos un riquísimo patrimonio cultural. Valorémolo!! Maís información no blog de normalización  Hioengalego

sábado, 8 de maio de 2021

TEXTOS DA PRIMAVERA LITERARIA

AQUÍ ESTÁN ALGUNS DOS TEXTOS QUE IREMOS SUBINDO AO LONGO DA SEMANA QUE VEN. PODEDES VOTAR OS QUE MÁIS VOS GUSTAN.

Hecho con Padlet

domingo, 25 de abril de 2021

A CLASE DE 3 ANOS CELEBRAN O DÍA DO LIBRO

As portadas dos nosos contos favoritos perderon a cor, e que mellor día que o día do libro para devolverlle algo de cor.

luns, 5 de abril de 2021

18 CERTAME DE CÓMIC DO CONCELLO DE CANGAS

ATENCIÓN ALUMNADO AFICIONADO AO CÓMIC. Xa está aquí o concurso do Concello de Cangas e despois de ver o voso talento como dibuxantes de cómic animámosvos a participar no concurso deste ano. Aquí están as bases:

xoves, 18 de marzo de 2021

REMATE DO CONCURSO DO DÍA DA MULLER

 Hoxe subimos a última pregunta do día da muller. A vindeira semana sortearemos entre os e as acertantes de cada día un pequeno agasallo. Si aínda non participástedes animarvos. Tedes ata mañá 19 de marzo que daremos por concluído o concurso. Recoméndovos que miredes os vídeos das avoas porque contactaremos con algunhas delas para que lle podades facer preguntas en directo vía SKYPE. Esperamos que aprenderades moito sobre todas estas MULLERES LOITADORAS e que  sirvan de exemplo para seguir conquistando terreos e conseguindo a IGUALDADE entre homes e mulleres. MOITAS GRAZAS AOS PARTICIPANTES!

PREGUNTA 18 DE MARZO

martes, 23 de febreiro de 2021

Día de Rosalía

Hoxe celebramos o día de Rosalía recordando o poema que recitaron os nenos e nenas que agora están en 6º. Invitámosvos a entrar no blog de normalización para ver outros recursos e actividades sobre a figura máis importante da literatura galega.         HIOENGALEGO

venres, 19 de febreiro de 2021

PERCUSIÓN A TODO BIDÓN!

O ALUMNADO DE 6º PARTICIPOU NUN OBRADOIRO DE PERCUSIÓN, A CARGO DO MESTRE CUBANO DIDIER DÍAZ. AQUÍ TEDES O RESULTADO. NORABOA CHIC@S!!

O ENTROIDO NO TEMPO

Aínda estades a tempo de mandar as vivencias das avoas e os avós no Carnaval do Hío, cando eran nenos e nenas. Animádevos!