luns, 24 de outubro de 2016

UNHA BIBLIOTECA DIFERENTE

Porque non todos os nenos e nenas teñen a sorte de contar cunha biblioteca cerca da casa.
Luís Soriano, é un mestre que se dedica a achegar os libros a lugares de Colombia onde os nenos e nenas viven unha realidade ben distinta á nosa. Os libros viaxan  en BURRO e gracias a Luis estes nenos e nenas poden descubrir, aprender e gozar con historias que espertan a curiosidade e debuxan un sorriso.
https://www.youtube.com/watch?v=tsHyN9zj8_o


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe celebramos no cole o día das bibliotecas escolares. Puxemos en marcha o 1º ATRAPACONTOS do ano e a biblioteca agasallounos cun adhesivo onde os contacontos e os atrapacontos nos presentamos. Durante todo o curso escolar compartiremos xuntos a aventura de ler. Como o tempo nos respetou poidemos facelo no patio da charca. VIVA A BIBLIOTECA!!


xoves, 20 de outubro de 2016

REVISTA "O PAPAGAIO"

XA A TEMOS NO COLE. VEN CARGADA DE REPORTAXES MOI INTERESANTES E  EN GALEGO. NON A PERDAS!!

BIBLIOTÍZATE

GÚSTAME A BIBLIOTECA POR...

¿Que vos parece si participamos nun pequeno xogo? Cada un que poña por que lle gusta  a biblioteca. Tamén podedes poñer a opinión doutras bibliotecas que non sexan a do cole.

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola a tod@s. Agata e Paco nos mandan unha mensaxe dende Kenia.
O vindeiro luns, 24 de outubro, celebraremos o "DÍA DA BIBLIOTECA" e nada mellor que festexalo co 1º ATRAPACONTOS do curso. Xa sabedes que os nenos e nenas de 3º a 6º leerán un conto da biblioteca (apartados laranxa e amarelo) ao atrapacontos que lle toque este ano. Mañá venres entregaremos os carnés para que xa poidades ir seleccionando a lectura e sepades con quen vos tocou no atrapacontos deste ano. Como é o 1º atrapacontos podedes lerlles un libro da biblioteca ou traer un apropiado para a súa idade que teñades na casa.
Ademais como é o día da biblioteca Agata e Paco nos mandaron uns adhesivos para que poñades o nome dos atrapacontos que vos tocaron.


VIVAN AS BIBLIOTECAS!