martes, 28 de novembro de 2023

25N

Aquí vai un resumo da xornada do 25N. O alumnado de primaria foi a Cangas para participar nas propostas para visibilizar a violencia machista coa canción"Sempre combativa" do grupo "Enxebres" 





PICA NA IMAXE PARA VER AS ENTREVISTAS QUE FIXERON OS NENOS E NENAS  DE 1º E 2º CURSO. PODES CONSULTALAS TAMÉN NA RADIO TELEVISIÓN AGATA E PACO

sábado, 4 de novembro de 2023

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Os de 6º investigam

POIS ASÍ FOI O NOSO SAMAÍN

Empezamos visitando o laboratorio da bruxa, despois fomos escoitar á biblioteca unhas historias arrepiantes, nos corredores atopámonos co sacaúntos, o home do saco e outros seres terroríficos que nos estiveron asustando moi metidos no seu papel. O alumnado de infantil foi ver a representación de títeres "A bruxa regañadentes" e fixeron o seu propio circuíto con pintura fluorescente. Outras actividades que fixemos durante a semana foron escribrir os nosos medos e botalos a arder na pota de Agata, inventar un conxuro para facer desaparecer os medos e escoitar pola radio contos de medo dramatizados polo alumnado de 6º en riguroso directo e polo alumnado de 3º en podcast! Encantáronnos!