xoves, 24 de novembro de 2022

Dia da non violencia contra a muller

Para conmemorar este día fixemos unha exposición de libros sobre as emocións, o coñecemento persoal, o control da ira...


Tamén queremos volver compartir o pentálogo do xoguete coeducativo, plantexado como un xogo para facer en familia, tanto nos anunciós da televisión coma nos folletos publicitarios do xoguete. A igualdade tense que traballar desde todos os ámbitos e ás veces os medios de información non axudan. Aínda asocias as bonecas e o rosa coas nenas e os balóns e o azul cos nenos? Cambiemos o conto.


Tamén compartimos a montaxe que os nenos e nenas de 6º de primaria do colexio Covas-Meaño, fixeron co conto "O chuvasqueiro de Aurora" de María Márquez. O noso desexo é que nun futuro non moi lonxano non sexa necesario conmemorar este día.

luns, 21 de novembro de 2022

Actividades sobre igualdade ANPA

 Compartimos as actividades organizadas pola federación de ANPAS de Cangas relacionadas coa educación en igualdade e animámosvos a asistir.

Xornadas pola igualdade 2022

▪️O luns 21 ás 18:30 no CEIP A Rúa
Contacontos "El rosa es de las niñas y el azul es del mar" a cargo de Estudios IA
Taller creativo proposta creativa a partir da obra "El rosa es de las niñas y el azul es del mar"
Biblioteca viva ven e coñece a nosa Biblioteca, encontro para reflexión entre familias.

▪️Martes 22 ás 18:30 no CEIP Nazaret
Contacontos "Gracias" a cargo de Estudios IA
Taller creativo proposta creativa a partir da obra "Gracias"
Biblioteca viva ven e coñece a nosa Biblioteca, encontro para reflexión entre familias.

▪️Mércores 23 ás 19h charla Rachando estereotipos. 
No salón de actos da Antiga casa do Mar
Servizo de canguraxe de balde previa inscrición.

Coorganiza Confederación ANPAS GALEGAS

▪️Sábado 26 ás 12h na Praza da Constitución concerto infantil
Pakolas con Ramona Orbita
Dentro das actividades do Magosto

▪️Domingo 27 Xornada de xogos de mesa de 11h a 13h
Coa colaboración de Tempus Ludit
No local da Agraria.
Biblioteca viva ven e coñece a nosa Biblioteca, encontro para reflexión entre familias.


▪️Luns 28 ás 18:30 no CEIP San Roque
Contacontos "Gracias" a cargo de Estudios IA
Taller creativo proposta creativa a partir da obra "Gracias"
Biblioteca viva ven e coñece a nosa Biblioteca, encontro para reflexión entre familias.

Actividades levadas a cabo dentro da axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.


venres, 18 de novembro de 2022

Programa de Radio Completo

 page1image3438340224 page1image3438340736 page1image3438341088

Escoita Emociónate coa radio CEIP DO HIO DE CANGAS en Spotify

Nesta ligazón poderedes escoitalo  SPOTIFY 
page1image3438349584 page1image3438349936

ou escanea este código


www.siradio.gal 

Facebook: Si Radio de Galicia 

Instagram: @siradio_oficial 

Twitter: siradiooficial




SUSCRIBETE

sábado, 5 de novembro de 2022

Dia da Biblioteca

O 24 de Outubro celebramos o día das bibliotecas escolares poñendo en marcha os recunchos de favoritos nas aulas, as mochilas viaxeiras e o 1º atrapacontos do curso despois de 2 anos sin poder xuntarnos. Para este 1º atrapacontos (lecturas compartidas)a biblioteca colaborou co equipo de normalización e decidimos darlle vida á recopilación de rimas tradicionais que hai moitos anos se recolleron na parroquia do Hío e que se editaron no libriño "Titiridalle". Os contacontos substituiron a lectura do conto pola transmisión de rimas e xogos tradicionais. Foi moi emotivo.

PROGRAMA DE RADIO

O equipo de radio emociónate mostrounos como se fai un programa de radio. A proposta subvencionada pola Xunta de Galicia e ofertada a todos os colexios que a solicitaran organizouse para celebrar o 90 aniversario da chegada da radio a Galicia. Aquí temos un resume da gravación do programa de radio cos profesionais de radioemociónate, que foi todo un éxito grazas a labor da locutora que nos guiou no proceso, dos entrevistadores e entrevistadoras de 6º curso e dos invitados. Paralelamente trouxeron unha exposición sobre a historia da radio, con radios antigas e paneis informativos. O programa íntegro será compartido por Podcast cando Radioemociónate nolo comparta.Foi unha experiencia moi gratificante.