sábado, 26 de novembro de 2016

DÍA DA MÚSICA



O 22 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS NO COLEXIO O DÍA DA MÚSICA. AQUÍ ESTÁN ALGUNHAS DAS ACTUACIÓNS. MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.







venres, 25 de novembro de 2016

INTERCAMBIO LECTOR DE ADULTOS



Dende a biblioteca informamos ás familias que da comezo o intercambio lector de adultos 2016/2017. O que queira ler un libro deste apartado só ten que anotarse na lista de empréstitos, o libro que leva,  a data e se lle gusto ou non. Podedes traer un libro da casa que vos gustara e permanecerá en préstamo todo o curso escolar. No mes de xuño devolveremos os libros aos seus propietarios. Paralelamente publicaremos os libros disponibles no grupo de facebook “Intercambio lector de adultos”, o que queira participar escribindo a súa opinión deberá facilitar un correo electrónico para agregalo/a ao grupo.

NOVIDADES

Estas son algunhas das últimas adquisicións para a biblioteca.
La vaca Victoria: castelán, Primeiros lectores
A estrambótica Illa do tesouro; galego, lectores intermedios
Voy a comedte; castelán, primeiros lectores
¡Quiero dormir!: castelán, primeiros lectores
Mi papá: castelán, primeiros lectores
Bestiario: castelán, primeiros lectores
O noso Samaín: galego, a partir de 6 anos
Los pájaros; castelán, primeiros lectores
As cousas que importan; Filosofía para nenos
Cuentos de fantasmas: castelán, lectores expertos
A nosa botica: Horta, CDU63-G
Hambre de lobo: castelán, primeiros lectores
El utopífano: Educación emocional 15-C
¿Qué es la libertad? Arte. Primeiros lectores
Un cuento y 23 sonrisas: Arte. 75-C
El lobo hace huelga: castelán, primeiros lectores.








venres, 18 de novembro de 2016

CANTO SABES DE OLI?

POLO SAN MARIÑO, OLI VEU AO HÍO

O venres pasado tivemos a sorte de contar co mestre e escritor, Oli. Contou as súas historias para os cursos de 1º 2º e 3º. Despois os nenos e nenas de 2º e 3º fixéronlle unha entrevista en profundidade. Entre outras cousas nos enteramos de que de neno non era bo lector ata que un libro lle fixo descubrir o gusto pola lectura....Sabedes que libro é?...






martes, 1 de novembro de 2016

...E CHEGOU O SAMAIN

Por fin chegou o Samaín. Cando chegamos ao cole todo estaba a escuras agás as cabazas que alumeaban coas súas caras fantasmais. Despois por grupos entramos no circuíto do terror: COVA DA BRUXA, na biblioteca, TUNEL DO TERROR que este ano desembocou nun laboratorio terroríiiiiifico, despois escoitamos as historias macabras dos compañeiros NO ESPAZO DAS HISTORIAS, algunhas orais, outras escritas e os de 6º con montaxe audiovisual. Por último escoitamos a tráxica historia de ARTURO, o noso esquelete. 
Despois deste día estamos preparados para todo, ha, ha, ha, ha.

Na biblioteca apareceu a coa cova da bruxa e todos os cursos pasaron moito medo cos contos terroríficos...

Os de 3 e 4 anos escoitaron CORRE CORRE CABACIÑA
Os de 5 anos A BRUXA REGAÑADENTES


Os de 1º "BABAIAGA"



Os de 2º "AS CENORIAS MALÉFICAS"


Os de 3º e 4º "O CUARTO PROHIBIDO"

Os de 5º e 6º escoitaron un arrepiante relato recollido por Rafael Dieste "NOS ARQUIVOS DO TRASNO"


A DECORACIÓN DA BIBLIOTECA ERA ESPELUZNANTE...