domingo, 27 de febreiro de 2022

CHEGOU O ENTROIDO

 Proximamente o vídeo do entroido no cole. Mentras deixámosvos uns enlaces a xogos e actividades para disfrutar estes días de vacacións.



e recordamos o vídeo feito o ano pasado sobre o entroido do Hío no tempo

Feliz día de Rosalía

 




Pica na entrada do blog de normalización para participar nas actividades  Rosalía

luns, 14 de febreiro de 2022

BUSQUEDA DO TESOURO MULLERES CIENTÍFICA

 BÚSQUEDA DO TESOURO MULLERES CIENTÍFICAS

 

O venres 11 de febreiro para conmemorar o día da muller na ciencia, a clase de 3º de Primaria participou nunha búsqueda do tesouro. Repartíuselle a cada equipo de traballo unha fotografía dunha muller científica, o nome encriptado da muller da que ían buscar información e un mapa do cole no cal se indicaba onde se topaban escondidas as pistas. Unha vez atopadas as pistas, xa de volta na aula, debían ordealas e pegalas xunto coa fotografía e o seu nome previamente desencriptado. Para finalizar, cada equipo leu a información obtida ao resto d@s compañeir@s.

Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas interesantes.