xoves, 17 de marzo de 2016
ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios da muller na matmática fíxose o xoves, 17 de marzo. Os premiados levaron un pequeno agasallo cortesía de Paco e Agata. Desde a biblioteca queremos agradecer a participación de todos os cursos de primaria e animalos a que sigan concursando o vindeiro ano.
CONCURSO DA MULLER NA MATEMÁTICA
Do 7 de marzo ao 11 de marzo tivo lugar na biblioteca o concurso anual sobre as mulleres. Este ano foi sobre a muller na matemática. Os nenos e nenas tiñan que contestar a unha pregunta que se expoñía na entrada da biblioteca, cubrindo unhas tarxetas feitas para a ocasión. Ao final da mañá facíase un sorteo coas respostas acertadas. En total foron 9 preguntas con 9 gañadores/as
mércores, 9 de marzo de 2016
AS MULLERES NA MATEMÁTICA
Trátase dunha exposición das vidas dalgunhas das mulleres máis importantes nas matemáticas, que tiveron que loitar para poder estudar e para que se lle recoñecesen os seus logros, moitas veces ocultados polos propios maridos.
DÍA DA MULLER
Para celebrar o día da muller, este ano invitamos á nosa mesa redonda a dúas mulleres relacionadas co mundo da matemática. Benigna Gregorio, nacida no 1934, que sen apenas estudos e só sabendo sumar e malamente multiplicar, levou durante 30 anos unha tenda na aldea de Pinténs. A outra invitada foi Amelia Verdejo, profesora de matemáticas na Universidade de Vigo. As dúas nos contaron a súa experiencia como mulleres na matemática, moderadas pola nosa compañeira, Isa. Coma ven sendo habitual nos últimos anos, sempre resulta unha experiencia moi positiva, que axuda a visualizar os problemas cos que se atoparon e se atopan as mulleres en diferentes eidos da vida. A reflexión é que aínda que avanzamos moito en dereitos e igualdade, aínda queda moito por facer. VIVAN AS MULLERES QUE NOS FORON ABRINDO CAMIÑOS!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)