martes, 30 de decembro de 2025

XOGOS PARA NENOS E NENAS

XOGA COA TÚA FAMILIA A ANALIZAR A PUBLICIDADE DO XOGUETE

MERCADILLO 2ª VIDA

Poñemos en marcha o mercadillo da 2ª vida con libros de expurgo da biblioteca e outras doazóns. Só tes que traer un alimento para doar ao comedor social e poderás escoller o libro que queiras. Ata finais do mes de xaneiro.

luns, 29 de decembro de 2025

GUIAS DE LECTURA primaria

GUÍAS DE LECTURA infantil

Elaboradas polos equipos de Normalización do Morrazo. Por si non sabedes qu>

AGUINALDO 2025

Coma sempre agradecemos ao grupo "Eche o que hai" que nos viñera amenizar coas cantigas de nadal e tradicionais. Moi boas festas a toda a comunidade escolar do Hío e Feliz 2026!

ATRAPACONTOS

MAGOSTO 2025

Xabier Blanco

Xabier Blanco visitounos e aprendemos moitísimas cousas coe el. Aquí vai un resumo da xornada.

O cole con Palestina

No colexio quixemos mostrar o noso apoio ao pobo palestino e pedir que respecten os dereitos humanos.

Día da música

Xa van 14 anos celebrando o día da música. Moitas grazas a todos os participantes. Viva a música!

O uso dos videoxogos

Desde o MUVI, museo do videoxogo de Cangas, organizouse unha charla para alumnado de 2º e 3º ciclo sobre o uso dos videoxogos e o importante que é respectar a idade para a que están dirixidos. Foi moi interesante.

25 N

O alumnado de 3º ciclo participou nos actos organizados polo Concello de Cangas para conmemorar o 25 N. A proposta do noso cole foi a de ir dicindo frases desfollando unha margarida e identificando ideas que noutros tempos podían identificarse co amor pero que non o eran e agora se identifican como conductas tóxicas ou de control sobre a parella. Os demais cursos fixeron unha reflexión do control das emocións a través de contos e curtas animadas.

Obradoiro de igualdade

Aspirar a unha sociedade máis equitativa e xusta pasa por reflexionar sobre quen asume as tarefas e coidados nas familias. O alumnado estivo de 3º ciclo estivo analizando quen asume estas tarefas en cada familia. Os resultados seguen sendo aplastantes para as mulleres. Este obradoiro, organizado polo Concello de Cangas, axudou aos nenos e nenas a pensar en que poden asumir como membros da familia, facéndose máis responsables e colaborando en que as cargas familiares sexan máis equitativas.

SAMAÍN 2025

Aquí vos deixamos un resumo do Samaín 2025. Que arrepío!

Obradoiro de música electrónica

 Aquí temos un pequeno resumo do que foi o obradoiro de música electrónica para o alumnado de 5º e 6º que se converteron nuns auténticos profesionais . O obradoiro foi impartido polo mestre cubano Didier.


xoves, 23 de outubro de 2025

DÍA DAS. BIBLIOTECAS. CEIP DO HÍO


 

CONTRA A DESINFORMACIÓN: BIBLIOTECAS


 

CAMBIO DO SISTEMA DA BIBLIOTECA

Neste curso tocounos cambiar o sistema operativo de MEIGA a KOHA. Xa que temos que imprimir un montón de códigos novos decidimos organizar a nosa biblioteca por orden alfabético do apelido do autor/a, coma nas biliotecas dos maiores. Como son moitos libros estamos indo avanzando pouco a pouco pero sen pausa. Xa están operativas as seccións de castelán (amarelo) e galego (laranxa) dos máis pequenos, a sección das primeiras lecturas. Así que a partir do luns 27 infantil e 1º ciclo xa poden facer o préstamo. Como contamos cun grupo de axudantes fantástico, alumnado voluntario de 5º e 6º, esperamos ter listo o préstamo de narrativa neste primeiro trimestre. Grazas pola vosa paciencia e axuda!

xoves, 19 de xuño de 2025

DESPEDIDA ATRAPACONTOS

 O 9 de Xuño fixemos a despedida das parellas lectoras de este ano. O vindeiro curso o alumnado de 3º estrearase como lector, así que a practicar a lectura este verán! Como ten que ser houbo abrazos e intercambio de agasallos.
























ACTUACIÓN DO CORO NA GALESCOLA








 



AGRADECEMENTO AO VOLUNTARIADO

 Hoxe quixemos agradecer a axuda prestada polos axudantes de 5º e 6º. Durante todo o curso estiveron colocando, facendo préstamo e etiquetando libros. Moitas grazas por facer que a biblioteca funcione mellor e con servizo de préstamo nos recreos. Para vós a chapa de Agata. Desexamos que o alumnado de 6º siga colaborando e aportando ideas na biblioteca do instituto Mª Soliño. Colaborando entre todos, as cousas funcionan mellor! GRAZAS!




domingo, 15 de xuño de 2025

EXPOSICIÓNS 50 ANIVERSARIO



                                                            EXPOSICIÓNS DOS 50 ANOS

domingo, 8 de xuño de 2025

PROGRAMAS DE RADIO 50 ANOS

PROGRAMA DE MARÍA E EVA : Entrevista a familiares, entrevista ao mestre Xacobe, entrevista a unha alumna de 6º, Ada, chistes, música "Churras, churras" Herdeiros da Crus, entrevista a ex mestra e escritora Marisa Núñez.

 

PROGRAMA DE NUNO E DENÍS: Entrevista a Félix, entrevista a Rosa, ex profe do cole, entrevista a un alumno de 6º, Alan, entrevista a familiares sobre o seu paso polo colexio, chistes, música "Chipi, chapa" e anuncios.


PROGRAMA DE GAEL E ÉRIC: Entrevista a Oli, entrevista  a un alumno de 6º,  Tiago, música "Mares" A Quinquillada e a canción de 4º "Onte fun á tenda"


PROGRAMA DE ÁFRICA E SOFÍA: Entrevista á mestra Nevenka, entrevista a alumna de 6º Sofía, chistes, anuncios, música "Miña abuela Manuela" do grupo Migallas e entrevistas ás familias sobre o seu paso polo colexio.


PROGRAMA DE ALBA E XANO: Entrevista ás familias sobre o seu paso do colexio, música "Pano corado" das Tanxugueiras, entrevista a unha alumna de 6º, Mara.

PREMIADOS NA PRIMAVERA LITERARIA

 

ENQUISAS VALORACIÓN DA BIBLIOTECA

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

FESTA DO 50 ANIVERSARIO

 O sábado 7 de xuño vivimos unha xornada inesquecible. Celebramos os 50 anos do colexio do Hío como se merece. Con música, exposicións, teatro, baile e moito rock. Serían moitas as persoas as que dar as grazas. O do sábado foi un traballo en equipo con colaboración de innumerables asociacións do Hío e de grupos musicais que de maneira altruista quixeron participar da festa.  Que viva sempre o espíritu comunitario do Hío e por outros 50 máis!


xoves, 29 de maio de 2025

AUDIOS "SOMOS OS MONTROS"

 E aquí está o resultado do obradoiro de Paula Carballeira co alumnado de 4º interpretando a obra de teatro "Somos os monstros" ...a que o fixeron moi ben!!

domingo, 25 de maio de 2025

RADIO NA BIBLIO

O 22 de maio visitounos Paula Carballeira para ensinarnos a ler teatro pola radio coa súa obra "Os monstros". Os afortunados foron os nenos e nenas de 4º que aprenderon técnicas para mellorar a dicción e a expresión. As escenas quedaron gravadas e subiranse á páxina da radio, proximamente. Paula tamén se reuniu co alumnado de 5º e 6º que lle fixeron preguntas sobre o libro "As alumnas", galardonado co premio nacional de teatro no 2023.


venres, 16 de maio de 2025

Letras galegas 2025

 


E así foi a Celebración do Día das Letras Galegas. Carmen leu un anaquiño do libro "Galegas na música" para presentar as Letras Galegas deste ano. Bailamos unha muiñeira colectiva ensaiada  en días anteriores polo mestre Manolo Cobas,  este ano foi a xeito de foliada improvisando os pasos cun guía. Actuaron as nosas pandeireteiras que este ano son máis protagonistas ca nunca. Escribimos palabras relacionadas coa música e o baile que se expuxeron nunhas pandeiras xigantes. Nalgunha clase visualizouse o documental "Dorothé na vila" que a TVG ten en aberto estes días. Escoitamos o podcast que algunhas pandeireteiras de 5º fixeron sobre Dorothé Schubart e as homenaxeadas este ano e o alumnado de 4º fabricou unha pandeireta que levou de agasallo para casa. Proximamente a montaxe en vídeo na páxina de dDinamización do colexio  EN GALEGO










CORRELINGUA

O pasado 7 de Maio participamos un ano máis na marcha polo galego, O Correlingua, que rematou coa actuación de Paco Nogueiras. Para homenaxear as pandeireteiras, as nosas artistas do Hío tamén botaron unha peza, acompañadas dalgunhas pandeireteiras do CEIP Espiñeira de Aldán. E como di Paco Nogueriras: EN GALEGO ESTOU NO MUNDO. MEU O MUNDO É. 
Para ver a montaxe de vídeo visitade a páxina de Dinamización Lingúística do noso cole  EN GALEGO

martes, 13 de maio de 2025

Os inicios do colexio do Hio

O alumnado de sexto entrevistou a exprofesorado que veu contarnos multitude de anécdotas do colexioe de todo o que cambiou nestes 50 anos.

xoves, 24 de abril de 2025

Obradoiro das emocións

O concello de Cangas organizou uns contacontos para as xestións das emocións, mellorar a relación entre o alumnado e evitar os abusos entre eles "bullying".

Recomendacións Lectoras

O alumnado compartiu as súas recomendacións lectoras entre os cursos do mesmo ciclo. Durante un tempo permanecerán como préstamos nas aulas para ler na hora de lectura.

Xornada de Creación

 Aquí está o resumo da Xornada de Creación no patio, para concursar na Primavera Literaria. Podedes seguir mandando as vosas creacións ata o finais do mes de abril.


Día do libro

O 23 de abril celebramos o día do libro no cole. Visitamos a exposición das novidades, felicitamos a Agata e Paco e recibimos os nosos agasallos por ser uns estupendos lectores e lectoras. Vivan os libros! Vivan Agata e Paco!  Viva a nosa biblioteca!

 

martes, 1 de abril de 2025

PRIMAVERA LITERARIA

Xa está aquí o concurso de Creación literaria. Este ano engadimos a Categoría "Book Trailer" ou creación de videos cortos recomendando un libro. Animádevos a participar. Tedes todo un mes. Tamén animamos ás familas e aos ex alumnos a que participen. Haberá agasallos para todos os participantes!

Atrapacontos abril

Atrapacontos do 1 de abril. Van os libros a onde deben ir! Aquí vai un resumo.