martes, 29 de abril de 2025
xoves, 24 de abril de 2025
Obradoiro das emocións
O concello de Cangas organizou uns contacontos para as xestións das emocións, mellorar a relación entre o alumnado e evitar os abusos entre eles "bullying".
Recomendacións Lectoras
O alumnado compartiu as súas recomendacións lectoras entre os cursos do mesmo ciclo. Durante un tempo permanecerán como préstamos nas aulas para ler na hora de lectura.
Xornada de Creación
Aquí está o resumo da Xornada de Creación no patio, para concursar na Primavera Literaria. Podedes seguir mandando as vosas creacións ata o finais do mes de abril.
Día do libro
O 23 de abril celebramos o día do libro no cole. Visitamos a exposición das novidades, felicitamos a Agata e Paco e recibimos os nosos agasallos por ser uns estupendos lectores e lectoras. Vivan os libros! Vivan Agata e Paco! Viva a nosa biblioteca!
martes, 1 de abril de 2025
PRIMAVERA LITERARIA
Xa está aquí o concurso de Creación literaria. Este ano engadimos a Categoría "Book Trailer" ou creación de videos cortos recomendando un libro. Animádevos a participar. Tedes todo un mes. Tamén animamos ás familas e aos ex alumnos a que participen. Haberá agasallos para todos os participantes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)