xoves, 29 de maio de 2025

AUDIOS "SOMOS OS MONTROS"

 E aquí está o resultado do obradoiro de Paula Carballeira co alumnado de 4º interpretando a obra de teatro "Somos os monstros" ...a que o fixeron moi ben!!

domingo, 25 de maio de 2025

RADIO NA BIBLIO

O 22 de maio visitounos Paula Carballeira para ensinarnos a ler teatro pola radio coa súa obra "Os monstros". Os afortunados foron os nenos e nenas de 4º que aprenderon técnicas para mellorar a dicción e a expresión. As escenas quedaron gravadas e subiranse á páxina da radio, proximamente. Paula tamén se reuniu co alumnado de 5º e 6º que lle fixeron preguntas sobre o libro "As alumnas", galardonado co premio nacional de teatro no 2023.


venres, 16 de maio de 2025

Letras galegas 2025

 


E así foi a Celebración do Día das Letras Galegas. Carmen leu un anaquiño do libro "Galegas na música" para presentar as Letras Galegas deste ano. Bailamos unha muiñeira colectiva ensaiada  en días anteriores polo mestre Manolo Cobas,  este ano foi a xeito de foliada improvisando os pasos cun guía. Actuaron as nosas pandeireteiras que este ano son máis protagonistas ca nunca. Escribimos palabras relacionadas coa música e o baile que se expuxeron nunhas pandeiras xigantes. Nalgunha clase visualizouse o documental "Dorothé na vila" que a TVG ten en aberto estes días. Escoitamos o podcast que algunhas pandeireteiras de 5º fixeron sobre Dorothé Schubart e as homenaxeadas este ano e o alumnado de 4º fabricou unha pandeireta que levou de agasallo para casa. Proximamente a montaxe en vídeo na páxina de dDinamización do colexio  EN GALEGO










CORRELINGUA

O pasado 7 de Maio participamos un ano máis na marcha polo galego, O Correlingua, que rematou coa actuación de Paco Nogueiras. Para homenaxear as pandeireteiras, as nosas artistas do Hío tamén botaron unha peza, acompañadas dalgunhas pandeireteiras do CEIP Espiñeira de Aldán. E como di Paco Nogueriras: EN GALEGO ESTOU NO MUNDO. MEU O MUNDO É. 
Para ver a montaxe de vídeo visitade a páxina de Dinamización Lingúística do noso cole  EN GALEGO

martes, 13 de maio de 2025

Os inicios do colexio do Hio

O alumnado de sexto entrevistou a exprofesorado que veu contarnos multitude de anécdotas do colexioe de todo o que cambiou nestes 50 anos.