sábado, 16 de abril de 2016

2ª FEIRA DO LIBRO
Para celebrar a semana do libro, a biblioteca organiza a 2ª feira do troco do libro.
Dende o 13 de abril ata o 22 de abril podedes traer un libro da vosa casa para cambialo por outro da exposición. Lembrade que o cambio é permanente. O libro debe estar en bo estado. O día para o cambio será o luns 25 de abril.
Para os adultos tamén haberá un espazo coas mesmas condicións, 1 libro por persoa e en bo estado. Para os adultos o cambio será o luns 25 pola tarde. Grazas!
BASES PRIMAVERA LITERARIA
 1.Podes concursar cantas veces queiras e nas categorías que desexes.

 2.O prazo de presentación é ata o 6 de maio.

 3.Para seguir coas matemáticas propoñemos unas cantas ideas. Pon en marcha o escritor ou escritora que hai en ti e PARTICIPA. Estamos desexando ler o teu texto. Haberá sorpresas para todos os participantes. Os gañadores e gañadoras serán publicados no xornal do cole.

4.Tamén poderán participar os familiares na categoría que desexen, indicando o nome e o parentesco.

CATEGORÍA NARRATIVA
  • Segue esta historia:
    “ Contou 7 pasos hacia adiante, 3 cara a esquerda , 15 adiante e 4 cara á dereita, tal como viña no mapa. Comezou e excavar, unha, dúas , tres ... os golpes secos da pá en contacto coa terra resoaban por todo o val. Todo parecía en calma cando de súpeto ...”
  • Inventa unha historia con este título “ Un país matemático”
  • Temática libre

CATEGORÍA POESÍA
-Inventa unha poesía para unha táboa de multiplicar
-Inventa unha poesía acumulativa do estilo 11 damas atrevidas
-Temática libre.

CATEGORÍA TEATRO
-Inventa unha obra de teatro onde as personaxes sexan números, regletas, figuras xeométricas
-Inventa unha obra de teatro con temática libre.

CATEGORÍA COMIC
-Inventa un comic que colla nunha carilla de A4 con :
-Personaxes matemáticos.
-Agata e Paco de protagonistas.
-Temática libre

xoves, 17 de marzo de 2016

ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios da muller na matmática fíxose o xoves, 17 de marzo. Os premiados levaron un pequeno agasallo cortesía de Paco e Agata. Desde a biblioteca queremos agradecer a participación de todos os cursos de primaria e animalos a que sigan concursando o vindeiro ano.

CONCURSO DA MULLER NA MATEMÁTICA

Do 7 de marzo ao 11 de marzo tivo lugar na biblioteca o concurso anual sobre as mulleres. Este ano foi sobre a muller na matemática. Os nenos e nenas tiñan que contestar a unha pregunta que se expoñía na entrada da biblioteca, cubrindo unhas tarxetas feitas para a ocasión. Ao final da mañá facíase un sorteo coas respostas acertadas. En total foron 9 preguntas con 9 gañadores/as

mércores, 9 de marzo de 2016

AS MULLERES NA MATEMÁTICA

Trátase dunha exposición das vidas dalgunhas das mulleres máis importantes nas matemáticas, que tiveron que loitar para poder estudar e para que se lle recoñecesen os seus logros, moitas veces ocultados polos propios maridos.

DÍA DA MULLER

Para celebrar o día da muller, este ano invitamos á nosa mesa redonda a dúas mulleres relacionadas co mundo da matemática. Benigna Gregorio, nacida no 1934, que sen apenas estudos e só sabendo sumar e malamente multiplicar,   levou durante 30 anos unha tenda na aldea de Pinténs. A outra invitada  foi Amelia Verdejo, profesora de matemáticas na Universidade de Vigo. As dúas nos contaron a súa experiencia como mulleres na matemática, moderadas pola nosa compañeira, Isa. Coma ven sendo habitual nos últimos anos, sempre resulta unha experiencia moi positiva, que axuda a visualizar os problemas cos que se atoparon e se atopan as mulleres en diferentes eidos da vida. A reflexión é que aínda que avanzamos moito en dereitos e igualdade, aínda queda moito por facer. VIVAN AS MULLERES QUE NOS FORON ABRINDO CAMIÑOS!!