luns, 7 de maio de 2018

Cantos animais!

Susa Herrera

Hoxe tivemos de convidada na biblioteca a Susa Herrera que nos deleitou coas cancións do seu disco " Cantos animais".  Os nenos e nenas de educación infantil ata 3º de primaria, cantaron e bailaron a canción do Poni, do crocodilo, do elefante.... Que ben o pasamos!!









luns, 30 de abril de 2018

ATRAPACONTOS DE ABRIL

EN ABRIL LECTURAS MIL.




AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

A nai de Diego de 3º veu contarnos o conto "A casa do rato Renato". Ademais nos agasallaron cunhas chulas de cabaza (non quedaron nin as migas)mmmmm!!





Tamén veu contar á clase de 1º o galo avisado e o raposo trampulleiro. O galo, Anxo Sotelo, fixo ademais de axudante. Encantounos!



AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Os pais de LLuna de 1º viñeron contarnos varios contos con música e ata nos fixeron un truco de maxia. Que sorte!








AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

A nai de Noa de 3º veu contarnos "O principiño" . Tróuxonos ademais uns marcadores de libros e unha manualidade para que cada quen imaxinara o seu cordeiro n a caixa do principiño. Encantounos!