venres, 21 de febreiro de 2020
Charla de expertos no Hío
O pasado 11 de febreiro acudiron ao Hío varias expertos e expertas a falarnos das posibles solucións para o problema da contaminación da ría de Aldán. Tamén invitamos a varios responsables dos concellos de Bueu e Cangas para que sexan os que tomen o relevo para que o problema da contaminación se acabe. O alumnado colaborou na recepción dos expertos e expertas, que coincidiu co día da muller na ciencia, e foron testemuñas das palabras de compromiso dos políticos e do alcalde de Cangas, que nos felicitou polo traballo realizado.
A nova biblioteca
Agata e Paco danvos a benvida á nova biblioteca.
Foron meses de duro traballo, acarrexar sillas, libros, mobles... pero xa podemos facer uso dela aínda que nos quedan algunhas cousas por perfeccionar.
xoves, 13 de xuño de 2019
luns, 10 de xuño de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
