mércores, 2 de xuño de 2021

OS ALCUMES DO HÍO

Hecho con Padlet
INVITAMOS A TODA A COMUNIDADE A PARTICIPAR ESCRIBINDO OS ALCUMES E O SEU SIGNIFICADO SI O COÑECEN!

mércores, 26 de maio de 2021

Canción en lingua de signos da clase de 4º

Os nenos e nenas de 4º adaptaron á lingua de signos a canción de "A reciclar", para o concurso "Xoga coas manciñas". Que ben lles quedou!

sábado, 15 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS NO COLE

O tempo agasallounos cun fermoso día para celebrar as letras galegas. Os nenos e as nenas do colexio do Hío que durante días estiveron preparando os bailes con Manolo Cobas, puideron bailar todos xuntos. Tameń cantaron a canción Lingua guapa do disco do mesmo nome editado por Galaxia. As actividades estiveron organizadas polo equipo de Normalización Lingüística para hommenaxear a autora galega Xela Arias e lembrar que temos un riquísimo patrimonio cultural. Valorémolo!! Maís información no blog de normalización  Hioengalego