sábado, 15 de febreiro de 2025
DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro o alumnado do Proxecto Competencial de 4º compartíu uns titorias de bailes do mundo.
Neste día queremos visualizar a diversidade e riqueza cultural que todos deberíamos respetar para vivir en paz, empezando por un mesmo.
venres, 10 de xaneiro de 2025
FEIRA DO EXPURGO DE INVERNO
Últimos días para vir ao colexio a coller libros e roupa e darlle unha segunda vida. A roupa é de anos anteriores que ninguén reclamou. As familias que queiran poden levar todo o que necesiten. Preferiblemente en horario de 4 a 6. Veña que se acaba!
luns, 6 de xaneiro de 2025
TROMPOS DOS 50 ANOS
E chegou o tradicional concurso de trompos, este ano co tema do 50 aniversario do colexio. Vaia ideas máis chulas saíron. O equipo de dinamización entregou os premios aos gañadores da votación. Noraboa aos premiados e graszas a tod@s por particiapar.
luns, 30 de decembro de 2024
LECTURAS PARA O ANO NOVO
Como cada ano compartimos con todas e todos vós as GUÍAS DE LECTURA, coas últimas novidades en lectura e música en galego, elaboradas pola Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, do que formamos parte.
Este ano decidimos adicar estas guías ás cantareiras e a poesía popular oral debido a que a Real Academia Galega renderalles homenaxe no Día as Letras Galegas deste ano 2025.
Por iso, o texto implícito nelas é una adaptación da canción de Fuxan os ventos "O Estraperlo", facendo fincapé no legado das cantareiras, nos contos e por suposto, na nosa lingua nai...
Aproveitando este grandísimo labor, compartimos as guías de lectura coas recomendacións lectoras e musicais. Animádevos a mercar na nosa vila e nas súas librarías...
"Recomendaríache un conto
por se mo souberas ler-e
se llo das a ler a outro
valaivai o ben saber-e"
venres, 27 de decembro de 2024
DESPEDIDA DE ANO
O alumnado de primaria foi pedir o aguinaldo polas clases, cantando cantos tradicionais do Nadal. O grupo "Eche o que hai" veu visitarnos coma todos os anos e xuntos compartimos cancións e bailes tradicionais. Viva o galego e viva a música que nos une.
Aproveitamos esta entrada para desexarvos a tod@s un FELIZ 2025!
sábado, 14 de decembro de 2024
UN COLE INCLUSIVO
Os profes de Educación Física, María e Juan, estiveron traballando moito para organizar as segundas Paralimpíadas do Hío. O alumnado do Colexio Juan XXIII veu pasar unha estupenda xornada con nós e a participar en todas as probas inclusivas da paralimpíada. Agradecemos a colaboración das familias e a deliciosa chocolatada que nos preparou a AFA, con biscoito incluído!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)