Aquí temos un pequeno resumo do que foi o obradoiro de música electrónica para o alumnado de 5º e 6º que se converteron nuns auténticos profesionais . O obradoiro foi impartido polo mestre cubano Didier.
luns, 29 de decembro de 2025
martes, 11 de novembro de 2025
BUXAINAS CIENTÍFICAS
O departamento de Normalización lingüística organizou o certame de buxainas coa temática da ciencia. Este ano non haberá concurso pero sí un pequeno agasallo para todos os participantes. As buxainas quedaron a formar parte da decoración da biblioteca e devolveranse aos seus donos no mes de xuño.Grazas a todos e todas por participar!
xoves, 23 de outubro de 2025
CAMBIO DO SISTEMA DA BIBLIOTECA
Neste curso tocounos cambiar o sistema operativo de MEIGA a KOHA. Xa que temos que imprimir un montón de códigos novos decidimos organizar a nosa biblioteca por orden alfabético do apelido do autor/a, coma nas biliotecas dos maiores. Como son moitos libros estamos indo avanzando pouco a pouco pero sen pausa. Xa están operativas as seccións de castelán (amarelo) e galego (laranxa) dos máis pequenos, a sección das primeiras lecturas. Así que a partir do luns 27 infantil e 1º ciclo xa poden facer o préstamo. Como contamos cun grupo de axudantes fantástico, alumnado voluntario de 5º e 6º, esperamos ter listo o préstamo de narrativa neste primeiro trimestre. Grazas pola vosa paciencia e axuda!
xoves, 19 de xuño de 2025
DESPEDIDA ATRAPACONTOS
O 9 de Xuño fixemos a despedida das parellas lectoras de este ano. O vindeiro curso o alumnado de 3º estrearase como lector, así que a practicar a lectura este verán! Como ten que ser houbo abrazos e intercambio de agasallos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



