domingo, 15 de marzo de 2026
BIBLIOTECA CREATIVA
Aproveitando a visita de Xavi Lozano, organizamos polo programa bibliotecas creativas, 2 obradoiros de construcción de instrumentos. Aquí temos un resumo. Que doado é facer un instrumento!
XABI LOZANO
O 13 de marzo tivemos unha visita excepcional. Coñecemos ao músico Xavi Lozano que nos fixo unha impresionante demostración de como calquera obxecto que teña un tubo oco pode ser susceptible de convertirse nun instrumento. Aquí temos un resumo do seu asombrososo concerto.
CLUB DA CIENCIA
O mestre Adrian Pumar impartiu un obradoiro de programación para o alumnado apuntado no club da ciencia. Dous grupos fixeron programación para crear un instrumento de froitas e os outros grupos programaron a traxectoria dun coche feito con pezas lego. Aquí está o resumo. pasáronno xenial!
BIBLIOTECAS VIVENTES
O 9 de Marzo celebramos o día da muller coa actividade biblioteca vivente. Contamos con 5 mulleres relacionadas coa ciencia: Alia, matrona, Lourdes, pediatra, María, veterinaria, Rebeca, farmacia e Clara oceanógrafa. O alumnado de 3º a 6º escolleu nos días previos, a qué muller quería escoitar e preparou preguntas para facerlles. Foron unhas charlas moi participativas. moitas grazas por contarnos as vosas vivencias e inspirar a futuros científicos e científicas!
luns, 9 de marzo de 2026
DÍA DA MULLER
O día da Muller celebrámolo cunha exposición sobre biografías de mulleres científicas que previamente elaboraron entre os cursos de primaria e un concurso sobre as biografías. Os participantes do concurso recibiron uns cromos que ían pegando no álbum de mulleres científicas. Ademais houbo un sorteo entre os acertantes que levaron un pequeno agasallo. No curso de 5º fixeron a súa propia liña do tempo e tamén uns cromos personalizados!
luns, 23 de febreiro de 2026
Dia de Rosalía
O 23 de febreiro celebrouse o día de Rosalía. O alumnado de 4º preparou un recitado e o equipo de dinamización lingüística preparou unha exposición dos libros da biblioteca e outros xogos. Un deles feito polo alumnado.
mércores, 18 de febreiro de 2026
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)