venres, 10 de xaneiro de 2025

FEIRA DO EXPURGO DE INVERNO

Últimos días para vir ao colexio a coller libros e roupa e darlle unha segunda vida. A roupa é de anos anteriores que ninguén reclamou. As familias que queiran poden levar todo o que necesiten. Preferiblemente en horario de 4 a 6. Veña que se acaba!

luns, 6 de xaneiro de 2025

TROMPOS DOS 50 ANOS

E chegou o tradicional concurso de trompos, este ano co tema do 50 aniversario do colexio. Vaia ideas máis chulas saíron. O equipo de dinamización entregou os premios aos gañadores da votación. Noraboa aos premiados e graszas a tod@s por particiapar.

luns, 30 de decembro de 2024

Os xoguetes non teñen xénero

XOGA COA TÚA FAMILIA A ANALIZAR A PUBLICIDADE DO XOGUETE

LECTURAS PARA O ANO NOVO

Como cada ano compartimos con todas e todos vós as GUÍAS DE LECTURA, coas últimas novidades en lectura e música en galego, elaboradas pola Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, do que formamos parte. Este ano decidimos adicar estas guías ás cantareiras e a poesía popular oral debido a que a Real Academia Galega renderalles homenaxe no Día as Letras Galegas deste ano 2025. Por iso, o texto implícito nelas é una adaptación da canción de Fuxan os ventos "O Estraperlo", facendo fincapé no legado das cantareiras, nos contos e por suposto, na nosa lingua nai... Aproveitando este grandísimo labor, compartimos as guías de lectura coas recomendacións lectoras e musicais. Animádevos a mercar na nosa vila e nas súas librarías... "Recomendaríache un conto por se mo souberas ler-e se llo das a ler a outro valaivai o ben saber-e"

venres, 27 de decembro de 2024

DESPEDIDA DE ANO

O alumnado de primaria foi pedir o aguinaldo polas clases, cantando cantos tradicionais do Nadal. O grupo "Eche o que hai" veu visitarnos coma todos os anos e xuntos compartimos cancións e bailes tradicionais. Viva o galego e viva a música que nos une.

Aproveitamos esta entrada para desexarvos a tod@s un FELIZ 2025!

sábado, 14 de decembro de 2024

UN COLE INCLUSIVO

 Os profes de Educación Física, María e Juan, estiveron traballando moito para organizar as segundas Paralimpíadas do Hío. O alumnado do Colexio Juan XXIII  veu pasar unha estupenda xornada con nós e a participar en todas as probas inclusivas da paralimpíada. Agradecemos a colaboración das familias e a deliciosa chocolatada que nos preparou a AFA, con biscoito incluído!

luns, 25 de novembro de 2024

CONTRA A VIOLENCIA 25N

 Hoxe participamos no dia contra a violencia machista. Os colexios de Cangas reunímonos no auditorio e cada un fixo a súa proposta. A nosa proposta foi a de cantar a cancion "Que non mo neguen" das Tanxugueiras e ir escribindo palabras do Benquerer en diferentes cores, e palabras do malquerer en negro. Tod@s temos a esperanza de que algún día non sexa necesario visibilizar este dia e erradicar dunha vez por todas comportamentos machistas da sociedade. Que non vos neguen o dereito á libertade.