xoves, 7 de xaneiro de 2016

 Damos comezo ao “INTERCAMBIO LECTOR DE ADULTOS”!  Xa podedes traer o libro ou libros que  vos apeteza compartir con todos nós e entregalo na biblioteca do cole. A actividade rematará a finais de maio data na que devolveremos os libros aos seus propietarios.  Como no curso pasado, no espazo “INTERCAMBIO LECTOR DE ADULTOS” haberá  unha lista co título do libro e o seu propietario/a e outra lista co nome da persoa que o leva prestado. O prazo de préstamo é de 15 días.
   Creamos unha páxina de facebook “Intercambio lector de adultos” na que vos invitamos a participar, se nos enviades a vosa dirección de email agregámosvos desde a biblioteca. Poderedes comentar os libros lidos, facer  suxestións etc. Tamén informamos  do novo blog da biblioteca: http://bibliotecahio.blogspot.com.es/ ao que  podedes ter aceso dende a páxina do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceiphio/.
Grazas pola vosa atención e ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario