martes, 21 de xuño de 2016

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

E chegou a despedida dos axudantes da biblioteca. Este ano tivemos 26 marabillosos axudantes  de 5º e 6º que entre moitas outras funcións fixeron o empréstito, colocaron os libros nas súas respectivas CDU ordearon os estantes e permitiron  que na hora do recreo a biblioteca estivera aberta para o alumnado. Agata e Paco agasalláronnos cunha axenda e un diploma. Desexamos que os de 6º  teñades moita sorte no instituto e xa sabedes que a biblioteca do cole do Hío está aberta tamén para vós. Os de 5º esperámosvos como axudantes no vindeiro curso. De parte do equipo de biblioteca GRAZAS!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario