xoves, 20 de outubro de 2016

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola a tod@s. Agata e Paco nos mandan unha mensaxe dende Kenia.
O vindeiro luns, 24 de outubro, celebraremos o "DÍA DA BIBLIOTECA" e nada mellor que festexalo co 1º ATRAPACONTOS do curso. Xa sabedes que os nenos e nenas de 3º a 6º leerán un conto da biblioteca (apartados laranxa e amarelo) ao atrapacontos que lle toque este ano. Mañá venres entregaremos os carnés para que xa poidades ir seleccionando a lectura e sepades con quen vos tocou no atrapacontos deste ano. Como é o 1º atrapacontos podedes lerlles un libro da biblioteca ou traer un apropiado para a súa idade que teñades na casa.
Ademais como é o día da biblioteca Agata e Paco nos mandaron uns adhesivos para que poñades o nome dos atrapacontos que vos tocaron.


VIVAN AS BIBLIOTECAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario