Por fin chegou o Samaín. Cando chegamos ao cole todo estaba a escuras agás as cabazas que alumeaban coas súas caras fantasmais. Despois por grupos entramos no circuíto do terror: COVA DA BRUXA, na biblioteca, TUNEL DO TERROR que este ano desembocou nun laboratorio terroríiiiiifico, despois escoitamos as historias macabras dos compañeiros NO ESPAZO DAS HISTORIAS, algunhas orais, outras escritas e os de 6º con montaxe audiovisual. Por último escoitamos a tráxica historia de ARTURO, o noso esquelete.
Despois deste día estamos preparados para todo, ha, ha, ha, ha.
Na biblioteca apareceu a coa cova da bruxa e todos os cursos pasaron moito medo cos contos terroríficos...
Os de 3 e 4 anos escoitaron CORRE CORRE CABACIÑA
Os de 5 anos A BRUXA REGAÑADENTES
Os de 1º "BABAIAGA"
Os de 2º "AS CENORIAS MALÉFICAS"
Os de 3º e 4º "O CUARTO PROHIBIDO"
Os de 5º e 6º escoitaron un arrepiante relato recollido por Rafael Dieste "NOS ARQUIVOS DO TRASNO"
A DECORACIÓN DA BIBLIOTECA ERA ESPELUZNANTE...
Ningún comentario:
Publicar un comentario