luns, 12 de novembro de 2018

Maleta Viaxeira de Inglés



Agata e Paco informan:

 A maleta viaxeira de inglés xa se despide. Veu visitarnos desde Pontevedra para ofrecer lecturas moi variadas en inglés. Na clase de 5 anos tivo moita acollida. Descubriron un libro de dinosauros que lles veu moi ben para completar a investigación que fixeron sobre estes animais prehistóricos e Breo estivo explicando os dinosauros que aparecían no libro, había un por cada letra do abecedario!

A profe María leulles varios contos; "Winnie the Witch" "Lost and Found" " A piece of bread"... aos nenos e nenas de 5 anos lles encantaron, sobre todo a Jakob que é un neno que fala inglés e chegou o ano pasado ao colexio.









Ningún comentario:

Publicar un comentario