Os participantes entraron nun sorteo e os gañadores levaron un pequeno agasallo.
Tamén fixemos unha mesa redonda, este ano contamos conSilvia Lorenzo, bióloga que estivo investigando sobre as vacinas entre outros moitos proxectos, Candi Barreiro, química e técnica de laboratorio, Isabel Pastoriza, química e especialista en nanotecnoloxía e profesora na Universidade de VIgo. Tamén contamos con Celia Gutiérrez, ex alumna e licenciada en biotecnoloxía, que está traballando en Madrid e poidemos contactar con ela vía skipe.
A xornada desenvolveuse en 2 sesións, unha máis breve para os pequenos e outra para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. O debate moderouno a nosa compañeira Isabel Carracedo, facéndolles preguntas sobre como se desenvolve o traballo de cada unha e reflexionando sobre o papel da muller na ciencia.
Outras das actividades que fixemos foi a de publicitar cunha exposición os libros sobre a igualdade de xénero que temos na biblioteca. Tamén lles puxemos un pictograma para localizalos mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario