martes, 1 de xaneiro de 2019
Recollida de fotos sobre a auga do Hío
O primeiro será desexarvos
BO NADAL E FELIZ ANO 2019.
O segundo é propoñervos un enredo para estas vacacións. Queremos reunir fotos antigas do Hío nas que dalgún xeito apareza a auga: lavadoiros, fontes, regatos, a nosa amada choiva, a costa e todas as posibilidades da “auga salgada”.
Podedes envialas escaneadas ao correo electrónico do colexio(resolución mínima de 800ppp) ou en papel para que nós as dixitalicemos. As fotos teñen que vir cos seguintes datos:
No reverso, propietaria/o e nome da alumna ou alumno que fará de mensaxeiro.
En folla aparte, localización do lugar, nome das persoas que aparecen, anécdota ou información relacionada coa imaxe.
Seremos coidadosos ao máximo e devolverémosvos as imaxes unha vez escaneadas. Co material faremos unha exposición, un álbum ilustrado, ou… xa veremos o que.
Participades?
Unha aperta do profesorado do Hío.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario