venres, 10 de maio de 2019

VISITA DE MARILAR ALEIXANDRE

AGATA E PACO INFORMAN

O 8 DE MAIO VISITOUNOS MARILAR ALEIXANDRE. ESCRITORA, CATEDRÁTICA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, CIENTÍFICA, ENTOMÓLOGA (ESTUDIOSA DOS INSECTOS), INVESTIGADORA. 


A PRIMEIRA EN EDITAR TEXTOS CIENTÍFICOS EN GALEGO, MEMBRO DA REAL ACADEMIA DA LINGUA ONDE TAN SÓ 7 MULLERES FORMAN PARTE DELA ENTRE 30 MEMBROS.

MARILAR CHEGOU A GALICIA CON 26 ANOS, DESDE MADRID, NAMOROUSE DA LINGUA GALEGA E EN POUCOS ANOS EMPEZOU A FALAR E A ESCRIBIR NA NOSA LINGUA. DEU CLASE NUN INSTITUTO EN VIGO O IES CASTELAO (CAMBIARONLLE O NOME GRAZAS A ELA, ANTES CHAMÁBASE IES O CALVARIO) DANDO CIENCIAS. 



RECIBIU NUMEROSOS PREMIOS NA SÚA LONGA VIDA PROFESIONAL , O ÚLTIMO RECOLLIDO ESTE MES DE MARZO EN ESTADOS UNIDOS  POLA SÚA TRAXECTORIA.  EDITOU MOITOS LIBROS PARA ADULTOS, DE POESÍA, ENSAIOS, ARTIGOS CIENTÍFICOS E MÁIS DE 20 LIBROS DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL. 





NO COLE ESCOLLEMOS 2 DESES LIBROS "A FORMIGA COXA" E "ROBINSON CONTADO POLAS ALIMARIAS". NOS 2 LIBROS, A VOZ PROTAGONISTA A LEVAN OS ANIMAIS QUE NOS CONTAN A SÚA FORMA DE VER O MUNDO. 




ACTIVISTA, FEMINISTA, LOITADORA POR FACER UN OCO PARA AS MULLERES NO CAMPO DA INVESTIGACIÓN E PELEXANDO  PARA QUE O GALEGO TEÑA O POSTO QUE MERECE TAMÉN NAS CIENCIAS. TODO UN EXEMPLO PARA AS NOSAS ALUMNAS!









DENDE A BIBLIO DE AGATA E PACO AGRADECEMOS A VISITA DE MARILAR E Á EDITORIAL XERAIS QUE NOS ORGANIZOU O ENCONTRO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario