Non nos damos conta e a publicidade segue perpetuando estereotipos de outros tempos. Por que os nenos non poden xogar con osiños e bonecas? Por que as nenas non poden xogar con coches e bonecos de acción? Algunhas marcas xa incorporaron estos cambios que demanda a sociedade, outras sen embargo aínda están moi lonxe. Unha estratexia que siguen algunhas empresas é a de evitar poñer nenos e nenas nos anuncios e só mostrar as mans pero seguen marcando as diferenzas ou pola voz do anunciante ou polos colores. Ti que pensas?
En familia facede as seguintes enquisas tantas veces como queirades e analizade a publicidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario