mércores, 16 de xuño de 2021

UN COLE INCLUSIVO

Como sabedes a aula de 3 anos e o curso de 4º participaron no concurso "Xoga coas manciñas" que consistía en adaptar un conto ou unha canción a lingua de signos e ...GAÑARON O 1º PREMIO NAS DÚAS CATEGORÍAS!! A aula de 3 anos gañou na categoría de infantil o 1º premio co canción "Non fai falta voz" e 4º curso gañou na categoría de primaria coa canción "A reciclar". Podedes ver a entrega de premios no seguinte enlace. 3 anos a partir do minuto 41 e 4º curso a partir do minuto 58. Noraboa por este gran traballo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario