sábado, 15 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS NO COLE

O tempo agasallounos cun fermoso día para celebrar as letras galegas. Os nenos e as nenas do colexio do Hío que durante días estiveron preparando os bailes con Manolo Cobas, puideron bailar todos xuntos. Tameń cantaron a canción Lingua guapa do disco do mesmo nome editado por Galaxia. As actividades estiveron organizadas polo equipo de Normalización Lingüística para hommenaxear a autora galega Xela Arias e lembrar que temos un riquísimo patrimonio cultural. Valorémolo!! Maís información no blog de normalización  Hioengalego

1 comentario:

  1. Quedou bonito e pasámolo ben. Non sempre se pode dicir o mesmo! Grazas a tod@s!

    ResponderEliminar