domingo, 4 de decembro de 2022

UN COLE INCLUSIVO

 AS PARALIMPÍADAS

E por fin despois da pandemia,  puidemos celebrar a olimpíada pero este ano con moitas novidades. Os profes de E.F, María e Borja planificaron unhas superparalimpíadas con deportes alternativos. Foi un día fantástico aderezado pola chocolatada e biscoitada, feita polas familias. Viva o deporte!


 
A VISITA DE DAVID 
David Santiago que ademais de deportista é mestre de trompeta na Escola Municipal de música de Moaña, veu ensinarnos como se adaptan moitos deportes ás diferentes diversidades funcionais e como cada deporte ten a súa silla de rodas específica. O alumnado estivo moi interesado e fíxolle un montón de preguntas antes da súa exhibición. Grazas David.

Ningún comentario:

Publicar un comentario