domingo, 2 de abril de 2023

Creación dunha plataforma para a defensa da ría

O pasado 24 de marzo celebrouse no Concello de Cangas unha reunión para crear unha plataforma que implicara as asociacións do Hío, na defensa da descontaminación da ría de Aldán, da que dependen económicamente moitas familias. Claudio e o colexio do Hío, que tanto traballaron naquel proxecto que empezou no 2017, analizando a contaminación da Lagoa de Vilariño que derivou no 2018 no estudo da contaminación da ría de Aldán, dan así por finalizado un traballo onde alumnado e profesorado estiveron moi implicados. Agora toca dar relevo ás asociacións e Concello na busca de financiación para solucionar este problema. Afortunadamente varios colectivos do Hío se interesaron pola Creación da Plataforma e o vindeiro 14 de abril reuniranse no Colexio do Hío. Esperamos que nun futuro cercano poidamos dar solución a este grave problema. Sería un exemplo magnífico para o noso alumnado brindándolle así un futuro esperanzador.




Ningún comentario:

Publicar un comentario