domingo, 28 de maio de 2023

ENREDANZAS

 O proxecto "Enredanzas" nace da coordinación dos profesores de música de casi todos os colexios de Cangas públicos e privados para facer unha xornada de bailes do mundo. O espazo escollido foi o adro de Darbo. Os colexios participantes estiveron preparando os bailes durante meses, facendo titoriais para os outros colexios, deseñando o logo e e preparando as camisetas para o evento. O conservatorio de música e a Escola de música de Cangas prepararon as músicas para tocalas en directo. Ademais contamos con 3 cantantes en directo 2 delas ex alumnas do Hío, Eva Paredes e Dora Pumar, un luxo telas formando parte do proxecto. O colexio do Hío participou coa clase de 4º por ser o único nivel onde se imparten 2 horas, unha delas a de libre configuración.  Foi moi bonito.


Ningún comentario:

Publicar un comentario